Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442
FOTÓGRAFOS NO ARQUIVO - CARLOS BARBA
O fondo Barba foi doado á Deputación pola familia Barba García-Borregón no ano 2007. Está formado por 169 imaxes (fotografías e diapositivas) realizadas entre 1978 e 1995 por Carlos Barba. A maior parte do fondo recolle imaxes da provincia de Pontevedra, excepto un grupo de imaxes da localidade de Noia e outro da catedral de Valladolid.
As imaxes poden agruparse en diferentes temáticas: vida social da cidade de Pontevedra, procesións e desfiles, paisaxes mariñas, elementos do patrimonio e imaxes da obra do pintor pontevedrés Bieito M. Vázquez.
Fondos dispoñibles para a súa consulta no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.