ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Actuación de asistencia técnica no patrimonio documental de Moraña


05 de xuño de 2024 , Arquivos municipais
Arquivo Moraña

O Concello de Moraña ven de facer unha importante inversión, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, para a dotación e equipamento dun novo local dedicado ao arquivo municipal, dispondo unhas instalacións renovadas e con estantería compactadas. Rematadas as obras, procedeuse ao traslado e instalación da documentación dende o vello emprazamento, nunha antiga escola unitaria, e coa mesma a incorporación daquela documentación en papel, tramitada nos últimos no decurso da xestión e actuacións municipais, resultando con elo o remate ao proceso de arquivo do "ciclo papel".

Ao mesmo tempo, como queira que xa en 2017 se iniciou a xestión electrónica, progresivamente, dos diferentes trámites e procedementos, activouse en esPúblico-Gestiona -plataforma de xestión administrativa e de servizos públicos utilizada- o módulo de arquivo para o oportuno tratamento da documentación tramitada, que alcanza xa os 10.499 expedientes, dos que se atopan clasificados algo máis da metade, especialmente os elaborados nos tres últimos anos..

Para ambos procesos de organización aplicouse xa de forma unificada o novo cadro de clasificación funcional, tal e como se prevé normativamente, levándose a cabo a oportuna transferencia de información no caso dos documentos en papel. Usáronse un total de 394 series documentais, integrada á súa vez en 102 2ª Divisións de Sección, 14 1ª División de Sección e 3 Seccións..

 Como resultado de esta tarefa contamos no arquivo municipal de Moraña cun total de 3192 unidades de instalación e 28053 agrupacións documentais datadas entre 1837 e 2023. No proceso desenvolto nesta última actuación incorporáronse un total de 786 unidades de instalación, preto de 92 metros lineais de documentación, e incrementouse o base de datos que recolle a información do arquivo en  5829 rexistros.

Esta documentación, coas reservas previstas na norma, é de acceso público e está dispoñible nas dependencias do arquivo previa solicitude no concello, ou nos casos de documentos públicos tamén en liña dende  a web arquivos.depo.gal (ou no po portal Atopo da Deputación de Pontevedra, onde de pode acceder ademais aos fondos dixitalizados do mesmo, un total de 5764 imaxes principalmente dos libros de actas da totalidade dos órganos de goberno colexiados (Pleno, Xunta de Goberno, Comisión Permanente, Xunta de Asociados, Xunta de Beneficencia, de Sanidade ou de Educación,..), así como os libros de amillaramento, a documentación relativa ao patrimonio municipal, os libros de resolucións da Alcaldía, de rexistros de entrada ou saída…entre outros.

Así mesmo, organizouse a documentación do Xulgado de paz destes últimos anos, resultando un total de 159 líbroa de rexistros civil e 112 unidades de instalación con 1.040 agrupacións documentais datadas entre 1870 e 2024. Esta documentación, disposta para a súa conservación no mesmo local, é igualmente accesible a través do portal Atopo da Deputación de Pontevedra. Para máis información sobre o arquivo ou o Xulgado de paz de Moraña, pode facerse unha busca no portal Atopo)

Fotos