Fondos
1.230/9. Copia do preito do arcebispo de Santiago e o xuíz de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición do Couto de Carreira
Copia do preito do arcebispo de Santiago e o xuíz de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición do Couto de Carreira
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3.1.1.230/9
Título Copia do preito do arcebispo de Santiago e o xuíz de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición do Couto de Carreira
Data(s) 1575 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 64 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Casa de Goyanes: Copia do preito sostido polo arcebispo de Santiago, e o xuíz da vila de Noia contra Juan Varela de Goyanes, sobre o auto ordinario pola xurisdición civil e criminal do Couto de Carreira. A copia non é completa, faltan bastantes páxinas do orixinal e outras atópanse en mal Estado debido á longa duración do preito. Contén: > Carta de doazón. > Título de Merino feito a Juan de Dios Prego e posesión que tomou Juan Mariño de Goyanes do Couto de Carreira e outros. > Testamento de Juan Mariño de Goyanes. > Un privilexio. > Unha alegación. > Unha posesión. > Cláusulas do testamento de Juan Mariño de Goyanes (O Vello). > Principio do preito, ó parecer querela, en xuño de 1575 visto o caso pola Real Audiencia de Santiago deron provisión real para que o xuíz de Noia devolvese os bens que tomara sen prexuízo da posesión, que o arcebispo de Santiago pretendía ter na freguesía de S. Paio de Carreira. > Memorial de demarcación presentado por Juan Varela de Goyanes para pór de manifesto ás testemuñas, xunto co interrogatorio. [Provincia: A Coruña. Concello: Ribeira]
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Doazón Xurisdición Testamento Preito España Galicia Coruña, A Ribeira Memoriais
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Coruña, A Ribeira
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema)