ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Fondos

IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE PONTE SAMPAIO (1951-1994) (1951-1995-00-00)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36016.AISLG.PONSAM

  • Título IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE PONTE SAMPAIO (1951-1994) (1951-1995-00-00)

  • Data(s) 1951-1994 (Creación) 1951 - 1995-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 19 unidades de instalación con 128 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Ponte Sampaio(1951-1994) A Irmandade sindical de labregos e gandeiros de Ponte Sampaio constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A Irmandade de labradores e gandeiros de Ponte Sampaio viña funcionando na planta superior dun edificio alugado que compartía co centro cultural ata que o seu lamentable estado de conservación e a xubilación de seu secretario modificou a dinámica de funcionamento, asumido desde o punto de vista administrativo, este organismo por persoal da propia Cámara Agraria de Pontevedra, que se desprazaba dous días por semana para xestionar basicamente os asuntos da Seguridade Social Agraria. Polo tanto pódese considerar que a súa sede coincidía nos últimos anos coa da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra no praza do Teucro, xunto coa de Vilaboa e a propia institución local de Pontevedra, con funcionarios da propia institución provincial ó seu cargo. A documentación almacenábase no local do arquivo da Cámara Agraria Provincial, no baixo cuberta, con certos problemas de filtración de augas e humidade que afectaron a esta documentación e á da propia Cámara Agraria Provincial. Os fondos producidos a como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental no mes de xuño do 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo no propio Arquivo da Cámara Agraria Provincial, nun espacio suficiente e ben equipado que garante a súa permanencia e a súa consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a diferentes niveis.

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación da Irmandade sindical de agricultores e gandeiros de Ponte Sampaio estaba amontoada en catro grandes caixas de cartón, algunhas deterioradas e maltratadas pola humidade no local da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, toda vez que dende esta institución se asumira, o parecer, a xestión desta Cámara Local Agraria dende a xubilación do secretario-contador nos inicios da década dos noventa. Cómpre sinalar que Ponte Sampaio, aínda que foi concello independente ata a súa anexión a Pontevedra en 1960, sempre contou cunha Irmandade de labradores e gandeiros, sendo xunto con Bouzas as únicas Irmandades que non teñen o ámbito territorial do concello da provincia. As condicións de conservación nas que se encontraba a documentación eran deficientes, dispersa en varias zonas, moi afectada unha boa parte pola humidade e carente de ningún tratamento conservador ou mesmo organizativo. Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados inventariouse un total de 19 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico que iría dende 1951 ata 1994, con representación documental dunha boa parte dos anos de funcionamento das Irmandade sindical primeiro e da Cámara Agraria local despois. A pesar deste amplo espacio temporal, o groso do conxunto documental corresponde ó período comprendido entre os anos 60 e 1977, data en que funcionaba como irmandade sindical e con menor relevancia dende ese ano ata 1983-1984, xa en concepto de cámara agraria. A documentación dos anos 40 e 50 é moi minoritaria. Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas. En primeiro lugar, na serie 2.1, dentro da sección Administración, dispoñemos de correspondencia, oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria); e referidos a un amplo período cronolóxico, instancias e partes estatísticos de actividades solicitadas pola superioridade. En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón a meirande parte do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas Irmandades ós agricultores. En terceiro lugar, dentro da serie 3.2 correspondente a censos agropecuarios son moi importantes os censos agrarios realizados periodicamente así como as estatísticas de cultivos e maquinaria. A sección 1 de Goberno contén escasa información proporcionada polos libros de Actas do Cabido (1951-19794) e actas da Comisión Local da Mutualidade Nacional da Previsión Social Agraria e da Xunta local de seguros sociais. No resto da sección 3 de Servicios obsérvase unha escasa presencia de documentación dos diversos servicios e posibles funcións a realizar para a Irmandade Sindical-Cámara Agraria de Ponte Sampaio. Destacan a referida ás eleccións sindicais (1966-1976) e os censos agrícolas (1952-1961). A sección 4 de Facenda corresponde ó maior volume documental conservado e certamente o que, peor estado de conservación presenta. En todo caso, engloba un amplo período temporal (1958-1994) de xestión orzamentaria, aínda que carecemos dos documentos recadatorios.

  • Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización.

  • Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    
    1.- GOBERNO
    
    
    1.1. CABILDO / PLENO
    .Libro de actas do Cabido da Irmandade
    sindical de labradores e gandeiros 1951-1994 1
    1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
    .Libro de actas Comisión local da MNPSA 1961-1977 1
    .Libro de actas Xunta local de seguros sociais 1957-1961 1
    1.3. PRESIDENTE - -
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA
    .Correspondencia 1982-1993 2
    .Circulares 1971-1987 3-4
    .Estatísticas e memorias 1969-1977 5
    2.2. REXISTRO
    .Libro rexistro entrada e saída
    de correspondencia 1959-1898 5
    2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN - -
    2.4. PERSOAL - -
    
    3.- SERVIZOS
    
    
    3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
    MUTUALIDADE 1963-1992 6-12
    3.2. CENSOS AGRARIOS
    .Censos agrícolas 1952-1961 13
    3.3. ELECCIÓNS - -
    3.4. TRIBUNAL XURADO - -
    3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS - -
    3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN - -
    3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS - -
    3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
    AGROPECUARIA E RURAL - -
    3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
    TRANFORMACIÓN - -
    3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO - -
    3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS - -
    3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA - -
    3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
    MUTUAS GANDEIRAS - -
    3.14. COOPERATIVAS - -
    3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES - -
    3.16. AUGA - -
    3.17. GARDERÍA RURAL - -
    
    4.- FACENDA
    
    4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
    4.2. RECADACIÓN - -
    4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
    .Libro de caixa 1985-1995 19
    .Libro de bancos 1985-1994 19

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 19 unidades de instalación.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200083576