ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.2.1

  • Título AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1892-1975 (Creación)

  • Volume e soporte 285 Metros lineais; 1321 unidade(s) de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Audiencia Provincial de Pontevedra(1892-) A Lei adicional á orgánica do poder xudicial de 1882 crea 80 audiencias e salas do Criminal nas audiencias territoriais, creadas pola Lei de 1870. Polo R.d. do 16 de xullo de 1892 suprímense as audiencias do Criminal non radicadas nas capitais de provincia, pasando as subsistentes a denominarse Audiencias Provinciais. As súas competencias serán estritamente en materia penal, ata a Lei do 20 de xuño de 1968, que as converte tamén en órganos de apelación de determinadas resolucións dos xuíces de 1ª Instancia e dos xulgados municipais e comarcais da provincia. Por outra parte, pola Lei do recurso contencioso-administrativo de 1888, créanse os Tribunais Provinciais do contencioso-administrativo, constituídos polo presidente e dous maxistrados da Audiencia Provincial e mais dous deputados provinciais. A súa competencia será coñecer as demandas en contra das resolucións das autoridades provinciais e municipais da provincia. Nun nivel superior existiría unicamente o Tribunal do Contencioso-Administrativo, substituído, polo R.D. do 8 de maio de 1904, pola Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo. Esta situación manterase máis ou menos estable ata a Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pola que se crea unha sala do contencioso-administrativo en cada audiencia territorial, suprimíndose os tribunais provinciais.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística No mes xullo de 1984 tivo lugar o primeiro traslado de documentación procedente da Audiencia Provincial consistente en 888 caixas, con datas extremas de 1925-1951, así como 5 caixas de expedientes de 1947 do Tribunal contencioso-administrativo. No mes de decembro de 1996 realizouse un segundo traslado de documentación consistente en expedientes desde 1892 ata 1975, agrupados en mazos atados con cordas cun volume aproximado de 400 m.l.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polas denominadas "Causas con sentencia", que son os expedientes penais xulgados e sentenciados pola Audiencia, correspondendo a instrución do Sumario ós Xulgados de Instrución. Existen tamén os "Sumarios sobreseídos", que son realmente o testemuño do sobresemento, dado que o Sumario orixinal se lle devolve ó Xulgado de procedencia. Facer constar tamén os expedientes do Tribunal Contencioso-Administrativo, que abarcan desde 1892 a 1960 practicamente sen lagoas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Material en el que se registra la información: Papel Estado de conservación: Bo Descripción del estado de conservación: O estado de conservación é, en xeral, bastante bo, ainda que algúns expedientes presentan roturas debido ás cordas dos mazos e ás dificultades para o manexo dalgúns mazos excesivamente grosos.

  • Instrumentos de descrición Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias No existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Por tratarse de documentación penal, que se inicia nos Xulgados de Instrución, podemos atopar documentación relacionada en todos os Xulgados da provincia.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición