Fondos
TUI. NÚMERO 1
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.1.3.2.5
Título TUI. NÚMERO 1
Data(s) 1933-1990 (Creación)
Volume e soporte 1.019 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Tui(1835-) Creado o Xulgado de 1ª Instancia polo Regulamento da Administración de Xustiza de 1835, e consolidado con funcións de 1ª instancia no civil e instrución no penal pola Lei Adicional de 1882, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Tui abarca nas súas competencias os concellos de Tui, Salceda de Caselas, Porriño, Tomiño, A Guarda, Santa María de Oia e O Rosal. A eles unirase o de Mos en 1970 ó suprimirse o partido xudicial de Redondela. Pola Lei 38/1988, de Demarcación e Planta Xudicial, créase o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Tui, que absorberá os asuntos dos suprimidos Xulgados de Distrito de Tui e A Guarda, pasando o máis antigo a numerarse co nº 1. Esta misma Lei crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Porriño, que englobará os termos municipais de Porriño, Salceda de Caselas e Mos.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística No ano 2003, a Xuíz decana dos Xulgados de Tui solicitou a colaboración do Arquivo Histórico Provincial debido á penosa situación na que se atopaban os arquivos xudiciais, especialmente o do Xulgado nº 1 que, tras o traslado por unhas obras de reforma, estaba amoreado e desordenado nas dependencias dos calabozos. Durante máis de dous meses, dúas arquiveiras do A.H.P. trasladáronse ás dependencias xudiciais para procederen a unha primeira, e somera, clasificación e ordenación dos expedientes, separando os asuntos civís dos penais, e establecendo as secuencias cronolóxicas dos distintos tipos documentais. En abril de 2004 produciuse o ingreso dos documentos no local que, como depósito provisional, fora alugado no ano 2001 pola Consellería de Cultura para paliar a falla de espazo no edificio do Arquivo Histórico.
Área de contido e estrutura
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Pepel. Estadod e conservación regular. Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
Instrumentos de descrición Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia
Área de documentación
Existencia e localización de copias No existen copias
Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación relacionada, en materia penal, no fondo da Audiencia Provincial.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Tui
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Tui
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Tui (Tema) (Creador)