ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

VIGO. NÚMERO 1

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.3.2.6

  • Título VIGO. NÚMERO 1

  • Data(s) 1882-1986 (Creación)

  • Volume e soporte 1.065 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vigo. Número 1(1835-) A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos Xuízos civís en primeira instancia, e os Sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.

  • Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.

  • Organizació

    Este fondo está organizado en dúas grandes seccións:
    
    MATERIA CIVIL
    
    - Expedientes de xuízos civís
    - Apelacións de xuízos de xulgados municipais
    - Rexistros de asuntos civís
    - Rexistros de apelacións
    - Rexistros de exhortos
    
    MATERIA PENAL
    
    - Sumarios sobresidos
    - Dilixencias previas
    - Dilixencias preparatorias
    - Dilixencias indeterminadas
    - Apelacións de xuízos verbais de faltas
    - Rexistros de sumarios
    - Rexistros auxiliares de causas
    - Rexistros de dilixencias preparatorias
    - Rexistros de dilixencias indeterminadas
    - Rexistros de exhortos
    - Rexistros de cartas ordes
    - Rexistros de apelacións de xuízos de faltas
    - Rexistros de penados

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • Instrumentos de descrición Inventario. Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias No existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados Municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 2 e 3 de Vigo, así como no fondo da Audiencia Provincial.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición