Fondos
VIGO. NÚMERO 2
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.1.3.2.7
Título VIGO. NÚMERO 2
Data(s) 1933-1982 (Creación)
Volume e soporte 683 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vigo. Número 2(1933--) O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Vigo créase polo Decreto do 4 de marzo de 1933, estendéndose a súa xurisdición a todo o partido xudicial.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos Xuízos civís en primeira instancia, e os Sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
Organizació
Este fondo está organizado en dúas grandes seccións, a saber: MATERIA CIVIL - Expedientes de xuízos civís - Apelacións de xuízos de xulgados municipais - Rexistros MATERIA PENAL - Sumarios sobresidos - Dilixencias previas - Dilixencias preparatorias - Dilixencias indeterminadas - Apelacións de xuízos verbais de faltas - Rexistros de sumarios - Rexistros auxiliares de causas - Rexistros de dilixencias previas - Rexistros de dilixencias indeterminadas - Rexistros de exhortos - Rexistros de cartas-ordes - Rexistros de condenados - Rexistros de procesados
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Conservación regular Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade, existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
Instrumentos de descrición Inventario Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados Municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 1 e 3 de Vigo, así como no fondo da Audiencia Provincial.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Vigo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vigo. Número 2 (Tema) (Creador)