ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.292
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.795

REDONDELA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.3.2.4

  • Título REDONDELA

  • Data(s) 1877-1970 (Creación)

  • Volume e soporte 225 unidades de instalación: 177 unidades de instalación e 48 libros en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Redondela(1835-1970) Os xulgados de 1ª Instancia créanse polo Regulamento da administración de xustiza de 1835, consolidándose, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei adicional de 1882. O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela abarcará nas súas competencias os concellos de Redondela, Mos, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. O Decreto 3388/1965, polo que se modifica a demarcación xudicial, suprime o Xulgado de Redondela, aínda que esta supresión non será efectiva ata a Orde do 7 de xullo de 1970, pola que se clausura o xulgado e se distribúen os municipios do seguinte xeito: Redondela e Pazos de Borbén pasan ó partido xudicial de Vigo, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2, e continuando o Xulgado Comarcal de Redondela (creado en 1945); Soutomaior e Fornelos pasan ó partido xudicial de Pontevedra, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia en Instrución nº 1, e quedando adscritos os seus xulgados de paz ó municipal de Pontevedra; Mos intégrase no partido xudicial de Tui, quedando adscrito ó Xulgado Comarcal de Porriño. Por último, a Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, volta a crear o partido xudicial de Redondela, do que forman parte os municipios de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, co seu correspondente Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Os expedientes do suprimido Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela ingresaron no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, mesturados coa documentación xudicial de Vigo, que se atopaba no antigo edificio dos xulgados. En 1996 remitíronse dende Vigo ó Arquivo Histórico algunhas bolsas con expedientes antigos que apareceran no edificio xudicial ó facer unhas obras. No primeiro caso, levouse a cabo un traballo de separación da documentación producida polo Xulgado de Redondela da xerada polos xulgados vigueses, separando ó mesmo tempo os da xurisdición civil dos da penal, e procedendo despois á súa ordeación cronolóxica e numérica; posteriormente, incorporáronse os novos expedientes atopados á súa secuencia correspondente.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.

  • Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.

  • Organizació

    Este fondo esta organizado en dúas grandes seccións, a saber:
    
    MATERIA CIVIL
    
    - Expedientes de xuízos civís
    - Apelacións de xuízos de xulgados municipais
    - Rexistros de apelacións
    - Rexistros de exhortos civís
    
    MATERIA PENAL
    
    - Sumarios sobresidos
    - Dilixencias previas
    - Dilixencias preparatorias
    - Apelacións de xuízos verbais de faltas
    - Rexistros de sumarios
    - Rexistros auxiliares de causas
    - Rexistros de dilixencias previas
    - Rexistros de dilixencias preparatorias
    - Rexistros de executorias
    - Rexistros de exhortos criminais

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En papel. Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade.

  • Instrumentos de descrición Inventario. Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias No existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación relacionada nos fondos dos xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, Pontevedra e Tui, xa que dende 1971 absorben o partido xudicial de Redondela, así como no fondo da Audiencia Provincial.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición