ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

REAL INTENDENCIA DE GALICIA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.1.1

  • Título REAL INTENDENCIA DE GALICIA

  • Data(s) 1752-1753 (Creación)

  • Volume e soporte 874 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Real Intendencia de Galicia(1713-1860) A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas. Coa división territorial de España en provincias a antiga provincia de Galicia desaparece e con ela o seu intendente. O Real decreto de 23 de setembro de 1836 establece a creación de tantas intendencias da real facenda como provincias haxa no territorio español, polo que no territorio galego xurden as da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Área de contido e estrutura

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias No existen copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Real Intendencia de Galicia (Tema) (Creador)

Área de control da descrición