ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CAMBADOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.4.1.2

  • Título CAMBADOS

  • Data(s) 1938-1979 (Creación)

  • Volume e soporte 27 metros lineais

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Distrito de Cambados(1989-) O R.d. do 22 de outubro de 1855 estableceu que en todos os concellos houbera xuíces de paz ou “conciliadores”, en primeira instancia. As Leis de 1870 e 1907 crearán xuíces municipais, primeiro, e xulgados municipais, despois, en cada termo municipal. A partir da Lei de bases de 1944, a Orde do 24 de marzo de 1945 convertirá o xulgado de Cambados en xulgado Comarcal, que comprendería os xulgados de Paz do Grove, Meis e Ribadumia. Polo R.d. 2104/1977 pasará a denominarse Xulgado de Distrito ata 1989, en que por Orde do 22 de novembro, se converte en Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación do Xulgado de Distrito de Cambados ingresou no A.H.P. de Pontevedra en abril de 2003, xunto coa do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 en 34 caixas cheas de atados revoltos.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Conservación boa

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Cambados.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Cambados

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Cambados

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Distrito de Cambados (Tema) (Creador)

Área de control da descrición