Fondos
SANXENXO
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.1.4.1.4
Título SANXENXO
Data(s) 1956-1989 (Creación)
Volume e soporte 360 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Paz de Sanxenxo(1989-) O R.d. do 22 de outubro de 1855 estableceu que en todos os concellos houbera xuíces de paz, ou “conciliadores”, en primeira instancia. As leis de 1870 e 1907 crearán xuíces municipais, primeiro, e xulgados municipais, despois, en cada termo municipal. A partir da Lei de bases de 1944, a Orde do 24 de marzo de 1945 convertirá o xulgado de Sanxenxo en Xulgado Comarcal, que comprendería o Xulgado de Paz de Meaño. Polo R.d. 2104/1977 pasarán a denominarse Xulgado de Distrito, ata 1989 en que, por acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial, do 3 de novembro, se converte en Xulgado de Paz.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O Acordo do 3 de novembro de 1989 determinou que os asuntos pendentes, e o arquivo, do suprimido Xulgado de Distrito de Sanxenxo, pasaran ó Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados, que custodiou a documentación ata a súa remisión ó A.H.P. de Pontevedra en abril de 2003 xunto coa do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 e a do Xulgado de Distrito de Cambados. O seu envío ó Arquivo Histórico tivo lugar en condicións lamentábeis, xa que durante o inverno anterior o local sufrira unha grave inundación, polo que os expedientes foron remitidos completamente mollados dentro das caixas. Foi necesario extraerlos todos das caixas e irlos extendendo un a un para que secaran lentamente, intentado evitar que se pegaran uns a outros e, sobre todo, que foran atacados por fungos. Este traballo levou varios meses ata conseguir que os expedientes estiveran ben secos, ordenalos de novo e instalalos en caixas adecuadas.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación deteriorado. Os expedientes presentan algúns problemas de conservación debido á oxidación das grampas por humidade, que provocou tamén que en moitos folios as tintas estean borrosas, o que dificulta moito a súa lectura.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Cambados.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Sanxenxo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Sanxenxo
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Paz de Sanxenxo (Tema) (Creador)