ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

TUI

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.4.1.5

  • Título TUI

  • Data(s) 1911-1990 (Creación)

  • Volume e soporte 442 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Tui(1989-) A Lei do 5 de agosto de 1907 estableceu que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”. Pola Lei de bases de 1944 estableceuse unha división entre xulgados municipais, radicados nas capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, radicados en “capitales de comarca”, e de Paz. A Orde do 24 de marzo de 1945 creou, entre outros, o Xulgado Comarcal de Tui, sen competencias sobre ningún xulgado de paz, polo que o seu ámbito de actuación sería o propio termo municipal de Tui ata a conversión, pola Orde do 23 de novembro de 1957, do xulgado comarcal de Tomiño en Xulgado de Paz dependente do Comarcal de Tui. Polo R.d. 2104/1977, este xulgado comarcal pasará a chamarse de Distrito e posteriormente, tras as supresión dos xulgados de distrito pola Orde do 22 de novembro de 1989, constituirase como Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Tui.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en abril de 2004, do mesmo xeito có resto da documentación xudicial do partido de Tui.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación bo

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Tui.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Tui

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Tui

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición