Fondos
6. VIGO. NÚMERO 1
VIGO. NÚMERO 1
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.1.4.1.6
Título VIGO. NÚMERO 1
Data(s) 1913-1977 (Creación)
Volume e soporte 332 unidades de instalación e 60 libros en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de Distrito Número 1 de Vigo(1977-1989) A Lei de organización do poder Xudicial do 15 de setembro de 1870 establece a existencia en cada termo municipal de “uno o más jueces municipales” con competencias en materia civil e penal. Posteriormente, a Lei do 5 de agosto de 1907 establece que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”, con competencias en materia civil para demandas de determinada contía, e en materia penal para “hechos punibles” cualificados como falta; as súas sentenzas serían recorríbeis perante o xuíz de 1ª Instancia e Instrución do partido xudicial correspondente. A Lei de bases da xustiza municipal de 1944 estableceu unha división entre xulgados municipais, radicados en capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, nos concellos “que sean centros o capital de comarca”, e de paz nos restantes municipios; pola Orde do 24 de marzo de 1945 apróbase a demarcación destes xulgados. Esta situación manterase ata o R.d. 2104/1977, que desenvolve a Lei de bases 42/1974, orgánica da xustiza, pola que se unifican os xulgados municipais e comarcais baixo a denominación xenérica de xulgados de distrito.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Do mesmo xeito que os fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, a documentación dos Xulgados Municipais tamén ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, na mesma situación de caos e desorde, e incluso bastante máis deteriorada, probablemente debido á humidade dos depósitos nos que se gardaba. Está tamén en proceso de organización e descrición, que está rematado nun 50%.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.
Organizació
Este fondo está organizado en dúas grandes seccións: MATERIA CIVIL - Xuízos verbais civís - Xuízos de cognición - Xuízos de desafiuzamento - Actos de conciliación - Rexistros de reparto de asuntos civís MATERIA PENAL - Xuízos verbais de faltas - Dilixencias previas - Rexistros de xuízos de faltas - Rexistros de denuncias de orde pública
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación regular. Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade, existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Vigo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Xulgado de Distrito Número 1 de Vigo (Tema) (Creador)