ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

VIGO. NÚMERO 2

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.4.1.7

  • Título VIGO. NÚMERO 2

  • Data(s) 1933-1980 (Creación)

  • Volume e soporte 175 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Distrito Número 2 de Vigo(1977-1989) Créase polo Decreto do Ministerio de Justicia do 4 de marzo de 1933, polo que tamén se crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2. A partir deste intre o juíz decano, que será o do nº 1, encargarase do reparto dos asuntos civís e penais entre os dous xulgados. A Lei de bases da xustiza municipal de 1944 establece unha división entre xulgados municipais, radicados nas capitais de provincia, e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, nos concellos “que sean centros o capital de comarca”, e de paz nos restantes municipios; pola Orde do 24 de marzo de 1945 foi aprobada a demarcación destes Xulgados. Esta situación manterase ata o R. d. 2104/1977, que desenvolve a Lei de bases 42/1974, orgánica da xustiza, pola que se unifican os xulgados municipas e comarcais baixo a denominación xenérica de xulgados de distrito.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Do mesmo xeito que os fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, a documentación dos Xulgados Municipais tamén ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, na mesma situación de caos e desorde, e incluso bastante máis deteriorada, probablemente debido á humidade dos depósitos nos que se gardaba. Está tamén en proceso de organización e descrición, que está rematado nun 50%.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.

  • Organizació

    Este fondo consta de dúas grandes seccións:
    
    MATERIA CIVIL
    
    - Xuízos verbais civís
    - Xuízos de cognición
    - Xuízos de desafiuzamento
    - Actos de conciliación
    
    MATERIA PENAL
    
    - Xuízos verbais de faltas
    - Dilixencias previas

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación regular. Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade, existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Vigo

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Distrito Número 2 de Vigo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición