ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PONTEVEDRA. NÚMERO 1

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.5.1.1

  • Título PONTEVEDRA. NÚMERO 1

  • Data(s) 1953-1990 (Creación)

  • Volume e soporte 1.135 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Maxistratura de traballo de Pontevedra. Número 1(1953-1988) A Maxistratura de Traballo de Pontevedra créase pola Orde do 22 de abril de 1953, ata entón a única Maxistratura existente, creada en 1938 e con competencia en toda a provincia, tiña a súa sede en Vigo. Segundo a Orde de 1953, o territorio da Maxistratura de Pontevedra comprenderá os partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela que continuarán dependendo da de Vigo. Esta situación manterase estable ata o R.D. 493/1985 polo que se crea a Maxistratura de Traballo nº 2 de Pontevedra. A entrada en vigor da "Ley de Planta y Demarcación Judicial", do 28 de decembro de 1988 substitúe as Maxistraturas de Traballo polos Xulgados do Social, que en Pontevedra estenderán a súa xurisdición a toda a provincia, agás o partido xudicial de Vigo.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Os expedientes da Maxistratura nº 1 de Pontevedra ingresaron no A.H.P. en distintas transferencias efectuadas nos anos 1980, 1981, 1982, 1983, 1988 e 1991.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación está formada por dúas series: "Expedientes contenciosos" e "Expedientes gubernativos". Os contenciosos inícianse por demanda de particular e por distintos motivos: salarios, seguros sociais, subsidios, I.L.T., invalidez, etc.; os gobernativos comezan a instancia da administración e derivan do incumprimento das obrigacións respecto á seguridade social.

  • Organizació

    As dúas series que compoñen o fondo, expedientes contenciosos e expedientes gobernativos, seguen unha ordenación numérica dentro de cada ano.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Bo estado de conservación

  • Instrumentos de descrición Inventario Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición