ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.336
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.795

VIGO. NÚMERO 1

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.5.1.2

  • Título VIGO. NÚMERO 1

  • Data(s) 1943-1984 (Creación)

  • Volume e soporte 844 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Maxistratura de traballo de Vigo. Número 1(1938-1988) As Maxistraturas de Traballo créanse polo Decreto do 13 de maio de 1938, que suprime os Xurados Mixtos de Traballo e os Tribunais de Traballo. A Lei Orgánica do 17 de outubro de 1940 configúraas como "única instancia jurisdiccional contenciosa en la rama social del derecho", coa función de intervir nos conflitos individuais entre empresarios e traballadores e, a partir de 1963, nos litixios motivados pola aplicación do réxime da Seguridade Social. Estaban vinculadas, administrativa e disciplinariamente, ó Ministerio de Traballo, e as súas sentenzas podían ser recorridas perante o Tribunal Central de Traballo e a Sala do Social do Tribunal Supremo. A base territorial das Maxistraturas será a provincia, tendo a súa sede nas capitais; non obstante, a Orde do 25 de maio de 1938 estableceu que na provincia de Pontevedra a sede estivera na cidade de Vigo. A Maxistratura de Vigo será a única da provincia ata que, pola Orde do 22 de abril de 1953, se crea a Maxistratura de Pontevedra, que abranguerá o territorio dos partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela que, xunto cos partidos xudiciais da Cañiza, Ponteareas, Vigo e Tui, seguirán dependendo da Maxistratura de Vigo. Pola Orde do 4 de xaneiro de 1973 crearase a Maxistratura de Traballo nº 2 de Vigo, e pola Orde do 8 de xaneiro de 1973 a nº 3. A Lei 6/1985, Orgánica do Poder Xudicial, manterá as Maxistraturas de Traballo ata a súa substitución definitiva polos Xulgados do Social coa entrada en vigor da "Ley de Planta y Demarcación Judicial", do 28 de decembro de 1988.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación da Maxistratura de Traballo nº 1 de Vigo ingresou en outubro de 1988 procedente do antigo edificio dos Xulgados de Vigo, xunto con outra documentación xudicial do partido, agrupada en atados desordenados. A meirande parte da documentación iníciase en 1955 xa que, segundo parece, a anterior fora eliminada nun expurgo realizado a consecuencia dun traslado desde un antigo local á sede xudicial na rúa do Príncipe.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación está formada por dúas series: "Expedientes contenciosos" e "Expedientes gubernativos". Os contenciosos inícianse por demanda de particular e por distintos motivos: salarios, seguros sociais, subsidios, I.L.T., invalidez, etc.; os gobernativos comezan a instancia da administración e derivan do incumprimento das obrigacións respecto á Seguridade Social.

  • Organizació

    As dúas series que compoñen o fondo, expedientes contenciosos e expedientes gobernativos, seguen unha ordenación numérica dentro de cada ano.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación boa

  • Instrumentos de descrición Inventario Descrición dos contidos do Fondo en Galiciana. Arquivo dixital de Galicia

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición