Fondos
A ESTRADA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.2.1.1.1
Título A ESTRADA
Data(s) 1563-1916 (Creación)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Distrito notarial da Estrada(S. XIII-) O seus antecedentes atópanse no "Fuero Real" e as "Partidas", do século XIII, pero os seus verdadeiros promotores foron os RR.CC. ó regulamentar a súa organización na "Pragmática de Alcalá" do 7 de xuño de 1503. Non se produciu ningún cambio lexislativo importante ata o 28 de maio de 1862 coa aprobación da Lei Orgánica do Notariado. O Decreto do 12 de novembro de 1931 crea os Arquivos Históricos de Protocolos nas capitais onde existe Colexio Notarial e os Arquivos Históricos Provinciais nas capitais de provincia onde non existe colexio para recoller os protocolos de máis de cen anos.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O Arquivo recolle por primeira vez os protocolos do distrito de A Estrada en 1944 e non volven recollerse, de novo, ata 1962. A partir de 1996 chegan periodicamente os protocolos de máis de 100 anos
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os protocolos notariais conteñen escrituras de compras, ventas, testamentos, de poder, inventarios de bens, recoñecementos de fillo natural, arrendos, hipotecas, etc.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación. Se teñen punto vermello o acceso é restrinxido.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos PAPEL
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Estrada, A Protocolos notariais
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Estrada, A
Nome dos puntos de acceso Distrito notarial da Estrada (Tema) (Creador)