Fondos
VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.2.3.1.10
Título VIGO
Data(s) 1769-1862 (Creación)
Volume e soporte 94 unidades de instalación
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Pola Orde do 14 de decembro de 1957 do Ministerio de Xustiza autorízase ós rexistradores da Propiedade a entregaren os libros das contadurías de hipotecas ós arquivos históricos provinciais, ingresando ó longo de 1959.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os oficios ou contadurías levaron unha serie de libros rexistro para inscribir os actos suxeitos a toma de razón ó dereito de hipotecas: - Libro de toma de razón de censos, hipotecas e gravames (1768-1845) onde se asentaba a escritura presentada, a súa data, o escribán que a autorizou, o nome do lugar onde se atopaba predio, clase de contrato ou obrigación, lindeiros, etc. - Libro de traslación de dominio (1845-1862) onde se anotaban as traslacións de dominio, herdanzas, legados, imposicións e redencións de censos, de pensións alimenticias, obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas e outras responsabilidades. Anotábanse en rexistros separados para cada lugar do partido. - Libros índices (1768-1862) que se utilizaban como auxiliares para a localización dun asento determinado. Podían ser de varios tipos: cronolóxico; alfabético de predios; alfabético de propietarios. - Rexistro de obrigacións hipotecarias (1845-1862) no que se anotaban as obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas, obrigacións por préstamo,... Se se cancelaba facíase constar nunha nota a marxe ou tras o asento. - Libro de arrendamentos de terreos urbanos e rústicas. - Diario de ingresos onde se anotaban os ingresos polos dereitos de inscrición ou pola recadación do dereito de hipotecas. - Rexistro de hipotecas. Realízanse a partir de 1862 e pertencen ó Rexistro da Propiedade (Lei do 8 de febreiro de 1861, artigo 226).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre, agás que os documentos se atopen en mal estado de conservación.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxeto de consulta segundo a normativa de acceso.
Ãrea de notas
Nota Os libros de rexistro de hipotecas (1863-1871) pertencen ó Rexistro da Propiedade. O artigo 226 da Lei do 8 de febreiro de 1861 establece "o rexistro dividirase en dúas seccións: unha que se titulará da Propiedade e outra das Hipotecas. Cada sección levarase en libros diferentes...". Este desaparece coa Lei do 31 de decembro de 1869 ó non ser recoñecida máis que unha clase de libro para o rexistro. Empezou a rexer o 1 de xaneiro de 1871.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Vigo Hipoteca