ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PONTE CALDELAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.2.3.1.4

  • Título PONTE CALDELAS

  • Data(s) 1764-1862 (Creación)

  • Volume e soporte 30 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Contadoria de hipotecas de Ponte caldelas(1768-1862) Pola Real pragmática do 31 de xaneiro de 1768 establécese a creación dos rexistros uo oficios de hipotecas naquelas localidades que fosen cabeza de partido, a cargo dos escribáns do Concello. Os rexistros levaríanse en libros foliados e rubricados polo xuíz do partido e neles tomaríase razón dos títulos de traslado de dominio dos bens inmobles, os contratos de arrendamentos, censos, hipotecas etc. O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a organización e o réxime de cobranza, xurdindo así os libros de traslación de dominio. A Lei hipotecaría do 8 de febreiro 1861 substitúe as contadurías de hipotecas polos rexistros da propiedade. Co Real decreto do 21 de xaneiro de 1862 establécese un período intermedio entre a toma de posesión dos rexistradores e o cese dos contadores, período no que os rexistros continuarán levando os libros da contaduría de hipotecas

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Pola Orde do 14 de decembro de 1957 do Ministerio de Xustiza autorízase ós rexistradores da Propiedade a entregaren os libros das contadurías de hipotecas ós arquivos históricos provinciais, ingresando ó longo de 1959.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os oficios ou contadurías levaron unha serie de libros rexistro para inscribir os actos suxeitos a toma de razón ó dereito de hipotecas: - Libro de toma de razón de censos, hipotecas e gravames (1768-1845) onde se asentaba a escritura presentada, a súa data, o escribán que a autorizou, o nome do lugar onde se atopaba predio, clase de contrato ou obrigación, lindeiros, etc. - Libro de traslación de dominio (1845-1862) onde se anotaban as traslacións de dominio, herdanzas, legados, imposicións e redencións de censos, de pensións alimenticias, obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas e outras responsabilidades. Anotábanse en rexistros separados para cada lugar do partido. - Libros índices (1768-1862) que se utilizaban como auxiliares para a localización dun asento determinado. Podían ser de varios tipos: cronolóxico; alfabético de predios; alfabético de propietarios. - Rexistro de obrigacións hipotecarias (1845-1862) no que se anotaban as obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas, obrigacións por préstamo,... Se se cancelaba facíase constar nunha nota a marxe ou tras o asento. - Libro de arrendamentos de terreos urbanos e rústicas. - Diario de ingresos onde se anotaban os ingresos polos dereitos de inscrición ou pola recadación do dereito de hipotecas. - Rexistro de hipotecas. Realízanse a partir de 1862 e pertencen ó Rexistro da Propiedade (Lei do 8 de febreiro de 1861, artigo 226).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre, agás que os documentos se atopen en mal estado de conservación.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxeto de consulta segundo a normativa de acceso.

Área de notas

  • Nota Os libros de rexistro de hipotecas (1863-1871) pertencen ó Rexistro da Propiedade. O artigo 226 da Lei do 8 de febreiro de 1861 establece "o rexistro dividirase en dúas seccións: unha que se titulará da Propiedade e outra das Hipotecas. Cada sección levarase en libros diferentes...". Este desaparece coa Lei do 31 de decembro de 1869 ó non ser recoñecida máis que unha clase de libro para o rexistro. Empezou a rexer o 1 de xaneiro de 1871.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias España Galicia Pontevedra Ponte Caldelas Hipoteca

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Ponte Caldelas

  • Nome dos puntos de acceso Contadoria de hipotecas de Ponte caldelas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición