Fondos
1. CÁMARA OFICAL DA PROPIEDADE URBANA DE PONTEVEDRA
CÁMARA OFICAL DA PROPIEDADE URBANA DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.7.2.1
Título CÁMARA OFICAL DA PROPIEDADE URBANA DE PONTEVEDRA
Data(s) ca.1961-2000 (Creación)
Volume e soporte 45 metros lineais
Área de contexto
Nome do produtor Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Pontevedra(1907-2000) Creadas como asociacións privadas de afiliación voluntaria mediante o Real decreto do 16 de xuño de 1907, as Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana viron recoñecido, tal e como se establecía no art. 2º, o seu carácter oficial por Real decreto, previa solicitude da asociación da propiedade correspondente. No caso da Cámara de Vigo, concedéuselle tal carácter mediante o Real decreto do 5 de decembro de 1914 tendo que pasar trinta anos ata que, pola Orde do 8 de maio de 1944, pasou a ser comarcal. En 1919 experimentaron unha profunda transformación ó establecerse a colexiación obrigatoria dos propietarios de terreos urbanos nas cámaras mediante o Real decreto do 25 de novembro, contemplando, tamén, a súa creación nas pobacións o nas que non existían. Ó ano seguinte, en concreto, o 28 de maio de 1920, aprobouse por Real decreto o Regulamento provisional para a reorganización e funcionamento das cámaras, que se elevou a definitivo mediante o Real decreto-lei do 6 de maio de 1927, recollendo a ampliación da xurisdición das provinciais a todo o territorio da provincia, coa excepción do que correspondera ás locais que existisen dentro dela. Con posterioridade, a Lei do 9 de setembro de 1931 elevou este regulamento á categoría de lei, que se derrogou en 1941 mediante a Lei do 30 de maio. En 1950 a súa organización e funcionamento reguláronse por un novo regulamento aprobado polo Decreto do 10 de febreiro e modificado parcialmente en anos sucesivos. Con posterioridade, aprobouse mediante o Real decreto 1649/1977, do 2 de xuño, o proxecto de regulamento das cámaras, que pretendía dotalas da organización e autonomía que o momento requiría. Despois da asunción efectiva, por parte da Comunidade Autónoma de Galicia, da competencia exclusiva en materia de corporacións de dereito público, mediante o Real decreto 2577/1983, do 25 de agosto, sobre traspaso de funcións a esta Comunidade en materia de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana, suprimíronse como corporacións de dereito público polo Real decreto-lei 8/1994, do 5 de agosto, establecéndose o procedemento para a súa liquidación e extinción mediante o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Pontevedra (Tema) (Creador)