Fondos
2. DELEGACIÓN DO MINISTERIO DE FACENDA DE VIGO
DELEGACIÓN DO MINISTERIO DE FACENDA DE VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.1.2
Título DELEGACIÓN DO MINISTERIO DE FACENDA DE VIGO
Data(s) 1837-1991 (Creación)
Volume e soporte 3.657 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Delegación de Economía e Facenda de Vigo. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas(1990-) Pola Lei do 25 de xuño de 1926 créase a Subdelegación de Facenda de Vigo, xunto coas de Alcoi, Xixón, Haro, Linares e Reus. Estas subdelegacións dependen do delegado de facenda das respectivas provincias e das direccións xerais do ramo a que corresponden os servizos que se lles encomendan. Os servizos das subdelegacións desempeñan funcións similares ás das delegacións de facenda aínda que a súa competencia e xurisdición se cingue ó territorio do partido xudicial que, neste caso, abarca os Concellos de Vigo, Baiona, Nigrán e Gondomar. Segundo a Real orde do 24 de novembro de 1926, pola que se aproban as instrucións para o seu funcionamento, divídense nas seguintes seccións: Administración, Tesourería e Contabilidade, Inspección de Tributos, Avogacía do Estado e Intervención. Esta Subdelegación convértese en Delegación de Facenda polo Decreto 1778/1965 do 3 de xullo, que reorganiza a administración territorial de facenda, exercendo as súas funcións na demarcación territorial que tiña asignada e coa mesma organización, competencia e funcións cá Delegación de Pontevedra. Tras estes cambios a súa estrutura orgánica verase de novo modificada polo Decreto 407/1971, do 11 de marzo, e polo Real decreto 489/1979, do 20 de febreiro, desenvolto na Orde do 23 de maio de 1980. Por esta Orde a Delegación de Facenda de Vigo clasifícase como de segunda categoría, igual cá de Pontevedra, e está constituida polas seguintes dependencias: Relacións cos Contribuíntes, Inspección de Facenda, Avogacía do Estado, Intervención de Facenda e Tesourería. Un gran cambio prodúcese mediante a Lei 31/1983, do 28 de decembro, de cesión de tributos á Comunidade Autónoma de Galicia, pola que esta asume, por delegación do Estado, a xestión, liquidación, recadación, inspección e revisión, no seu caso, dos tributos cedidos, sen prexuízo da colaboración que poida establecerse entre ambas administracións de acordo coa Lei 30/1983, do 28 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas. Finalmente, os últimos cambios dignos de mención son, por un lado, a creación do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria e as xerencias territoriais como órganos territoriais periféricos executivos segundo o Real decreto 1279/1985, do 24 de xullo, determinando a súa composición e funcionamento a Orde de 28 de xullo de 1986. E, por outro, a creación da Axencia Estatal de Administración Tributaria pola Lei 31/1990 de orzamentos para 1991. Polo Real decreto do 30 de decembro de 1990 cambian as delegacións a súa denominación pola de Delegación de Economía e Facenda.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística A documentación da Delegación de Facenda con máis de 25 anos de antigüidade, conservada no seu arquivo, transferiuse a este Arquivo Histórico Provincial o 27 e 28 de febreiro de 1979 conformando o groso do fondo documental. A segunda transferencia prodúcese o último trimestre do ano 2000, pero esta vez a documentación cinguíase, fundamentalmente, a expedientes de implantación de urbana e padróns de rústica e urbana. O órgano remitente era, neste caso, a Xerencia Territorial do Catastro de Vigo da Delegación Provincial de Economía e Facenda. Esa documentación estaba depositada no arquivo central da Axencia Estatal da Administración Tributaria. A terceira e, polo momento, última remesa de documentación enviouna a Delegación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en Vigo no ano 2002. Tratábase de documentación relativa ó imposto de dereitos reais e de transmisión de bens/ sucesións e transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido No momento de crearse as subdelegacións remítenselles a estas todos os antecedentes relativos ós municipios que as integran. Isto explica a existencia de documentación do S. XIX, é dicir, anterior á súa existencia. Ó ser unha documentación producida nun amplo espazo de tempo, permítenos observar os cambios que se van producindo na facenda e no sistema fiscal contemporáneo. Destacan da Avogacía do Estado as series relacionadas co imposto de dereitos reais: expedientes de comprobación de valores, rexistros de presentación de documentos, etc. Da Administración, todo o relacionado cos tributos (contribución industrial, territorial, sobre a renda, de usos e consumos, utilidades...): padróns, altas e baixas, etc. De Inspección temos, sobre todo, expedientes de inspección. De Intervención consérvanse, entre outros, libros auxiliares de actas de arqueo, de caixa reservada, de contas corrientes, rexistros de entrada e saída de caudais e de depósitos, rexistros de mandamentos de pago e ingreso, rexistros de liquidacións, nóminas, contas, etc. Da Secretaría, fundamentalmente, correspondencia e rexistros de correspondencia, e de Tesourería consérvanse rexistros de certificacións de apremio, rexistros de títulos de clases pasivas, rexistros de expedientes falidos, libros auxiliares de contas correntes, libros auxiliares de caixa, contas de lotería, expedientes de apremio, etc.
Organizació
Clasificación orgánico-funcional e ordenación cronolóxica das series.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Instrumentos de descrición Inventario e relacións de entrega
Área de documentación
Existencia e localización de copias Existen copias. Da contribución rústica, urbana e industrial existen copias nos concellos.
Unidades de descrición relacionadas Delegación de Facenda de Pontevedra
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración central Economía Facenda local España Galicia Pontevedra Vigo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Delegación de Economía e Facenda de Vigo. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (Tema) (Creador)