Fondos
2. COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE VIGO
COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.7.4.2
Título COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE VIGO
Data(s) 1953-1977 (Creación)
Volume e soporte 1.558 unidades de isntalación
Área de contexto
Nome do produtor Delegación de Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia(1973-) Os colexios de arquitectos créanse polo Real decreto do 27 de decembro de 1929, que establece que “será condición obligatoria para el ejercicio de la profesión de arquitecto en España, a partir de 1º de marzo de 1930 (prorrogado posteriormente hasta el 1º de mayo), además de la posesión del correspondiente título académico, el hallarse incorporado a un colegio de arquitectos y pagar la contribución correspondiente”. Os decretos do 16 de xullo de 1930 e do 13 de xuño de 1931 determinaron a existencia de seis colexios de arquitectos con capitalidade nas cidades de León, Bilbao, Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia; o colexio con sede en León abarcaría o territorio correspondente ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Oviedo, León, Zamora, Salamanca e Palencia, con delegacións en cada unha das provincias. Por D. 1025/1973 créase, por segregación do Colexio de León, Asturias e Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con capitalidade en Santiago de Compostela. A asemblea constitutiva do Colexio tivo lugar en Santiago no mes de outubro dese mesmo ano. A súa estrutura organizativa aséntase en dous escalóns: uns órganos centrais, a Xunta de Goberno e o decano-presidente do Colexio, con sede en Santiago, e unha estrutura territorial baseada nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol, rexidas polas súas correspondentes xuntas directivas.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística A documentación ingresou en marzo de 1993 a partir dunha solicitude da propia Delegación, e debido á falla de espazo no Arquivo do Reino de Galicia, ó que se lle remitira documentación en anos anteriores.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo está constituido unicamente polos proxectos de obras visados polo Colexio de Arquitectos de Vigo nos anos 1976 e 1977.
Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
Organizació
Os proxectos de cada ano agrúpanse polo arquitecto correspondente, asignando a cada proxecto unha numeración correlativa por arquitecto e ano.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel Documentación manuscrita e mecanorafada. Bo estado de conservación
Instrumentos de descrición Relación de entrega
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas O Arquivo do Reino de Galicia conserva os proxectos correspondentes ós anos 1955-1975 e 1978, así como os do Colexio da Coruña de 1945-1989. O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra conserva a documentación do Colexio de Pontevedra de 1932-1999
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Arquitectura urbana España Galicia Pontevedra Vigo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vigo
Nome dos puntos de acceso Delegación de Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Tema) (Creador)