Fondos
1. DELEGACIÓN PROVINCIAL DA ADMINISTRACIÓN INSTITUCIONAL DE SERVIZOS SOCIOPROFESIONAIS (AISS) DE PONTEVEDRA
DELEGACIÓN PROVINCIAL DA ADMINISTRACIÓN INSTITUCIONAL DE SERVIZOS SOCIOPROFESIONAIS (AISS) DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.7.5.1
Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DA ADMINISTRACIÓN INSTITUCIONAL DE SERVIZOS SOCIOPROFESIONAIS (AISS) DE PONTEVEDRA
Data(s) 1940-1979 (Creación)
Volume e soporte 150 metros lineais 1.266 atados, 462 libros e 150 metros lineais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Administración Institucional de Servizos Socio-Profesionais(1976-1978) Pola Lei do 30 de xaneiro de 1938 créase o Ministerio de Organización e Acción Sindical, que englobaría, entre outros, o Servizo Nacional de Sindicatos. O Decreto do 21 de abril de 1938 organiza os Sindicatos do Movemento, que se integrarán, por provincias, en centrais nacional-sindicalistas, dependentes do Ministerio de Organización e Acción Sindical. A Lei do 8 de agosto de 1939 fará depender o “Servicio Nacional de Sindicatos da Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S.”, o que se reafirma coa “Ley de Unión Sindical”, do 26 de xaneiro de 1940, que establece que esta organización sindical será a “única reconocida con personalidad suficiente por el Estado, quien no admitirá ninguna otra con fines análogos o similares”. A Delegación Nacional de Sindicatos da Falange exercía as súas funcións ordenadoras a través dos “Sindicatos nacionales e das centrales nacional-sindicalistas” nas diversas esferas territoriais, correspondéndolle a coordinación a nivel provincial ás delegacións provinciais de sindicatos, de acordo coa “Ley de Bases de Organización Sindical”, do 6 de decembro de 1940. Esta situación manterase ata a Lei sindical 2/1971, do 17 de febreiro, que constitúe e estrutura á Organización Sindical, dándolle natureza institucional e carácter representativo e facéndoa depender do novo aparato do Estado ó crearse o “Ministerio de Relaciones Sindicales” como órgano de comunicación entre o goberno e a organización sindical; a nivel territorial establécese que en cada provincia haberá unha delegación da organización sindical, podendo crearse delegacións a nivel comarcal e local. Coas reformas político-administrativas que se producen a partir de 1975, a Organización Sindical foi transformada, polo Real decreto-lei do 8 de outubro de 1976, nun organismo autónomo de dereito público, adscrito á Presidencia do Goberno, baixo a denominación de “Administración Institucional de Servicios Socio-Profesionales (A.I.S.S.)”, sendo as súas unidades servizos definitivamente transferidos á Administración Central polo R.d. 906/1978, do 14 de abril, o que supuxo a disolución da organización sindical.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Polo R.d. 906/1978, do 14 de abril, o arquivo xeral da A.I.S.S. é transferido ó Ministerio de Cultura, dependendo, pola Orde do 26 de xuño de 1978, da Dirección Xeral do Patrimonio Artístico, Arquivos e Museos. Desde ese intre, os arquivos das delegacións provinciais, comarcais e locais son transferidos ó Arquivo Histórico Provincial correspondente. Non obstante, a falla de espazo no A.H.P. de Pontevedra fixo que a documentación da delegación provincial, situada en Vigo, permanecera ata decembro de 1980 no antigo edificio da Organización Sindical, transferido xa á U.X.T.; a documentación das delegacións comarcais e locais foi trasladada en xaneiro de 1980 ó arquivo da Delegación de Cultura, remitíndose durante os anos seguintes pequenas remesas ó Archivo Histórico en función da dispoñibilidade de espazo, ata o seu traslado definitivo en 1988.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación pódese dividir en tres grandes bloques: 1.- A producida pola Delegación Provincial, entre a que destaca a dos servizos xurídicos, consistente basicamente en "Expedientes de demandas a Magistratura", a referida a Eleccións Sindicais e a da "Obra Sindical del Hogar y la Arquitectura". 2.- A xerada polos sindicatos profesionais, entre a que destaca a referente a convenios colectivos, conciliacións e eleccións sindicais. 3.- A xerada polas delegacións comarcais e locais.
Novos ingresos Por tratarse dun fondo pechado non se prevén novos ingresos
Organizació
A documentación da Organización Sindical ingresou no A.H.P. de Pontevedra en máis de 1.500 “paquetes”, dos que os inventarios, tanto da Delegación Provincial coma das comarcais, daban superficiais referencias do tipo “Secretaría-Correspondencia-Asuntos varios” ou “Elecciones”. Debido á falla de espazo e persoal do centro, ata finais de 1982 non se realizou unha primeira toma de contacto co fondo, que consistiu na descrición dos documentos dos servizos xurídicos e da “Obra sindical del hogar”; posteriormente iniciouse a organización e descrición da Delegación Provincial e das delegacións comarcais e locais, proceso que aínda se está a realizar debido ó gran volume de documentación e ó enorme estado de desorde no que se atopaba.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación regular. En xeral o estado de conservación é bo, aínda que hai casos de manchas e roturas por oxidación de grampas e elementos metálicos.
Instrumentos de descrición xisten os inventarios-relacións de entrega da Delegación Provincial e boa parte das delegacións comarcais. Da documentación en fase de organización existe inventario.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Pode existir documentación relacionada nos fondos doutras institucións da "Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S. (Xefatura Provincial do Movemento, Sección Feminina, Fronte de Xuventudes...)", así como no Goberno Civil, sobre todo no relativo ás eleccións a deputados a Cortes polo terzo sindical.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Sindicato España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Administración Institucional de Servizos Socio-Profesionais (Tema) (Creador)