Fondos
1. DELEGACIÓN PROVINCIAL DA COMISARÍA NACIONAL DE ABASTECEMENTOS E TRANSPORTES DE PONTEVEDRA
DELEGACIÓN PROVINCIAL DA COMISARÍA NACIONAL DE ABASTECEMENTOS E TRANSPORTES DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.2.1
Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DA COMISARÍA NACIONAL DE ABASTECEMENTOS E TRANSPORTES DE PONTEVEDRA
Data(s) 1944-1950 (Creación)
Volume e soporte 49 libros
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes(1939-1984) A Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes créase pola Lei do 10 de marzo de 1939 coa misión de controlar a política intervencionista do Estado en época de crise e loitar contra o mercado negro. Entre as súas funcións están tanto a obtención e adquisición de recursos coma a súa distribución “equitativa” entre todos os españois, o control de prezos, a taxación e intervención dos produtos que sexa necesario taxar e intervir, así como a fixación de diferentes tipos de racionamento e a proposta de importacións e exportacións de artigos necesarios para o abastecemento nacional que sexan precisos para suplir os déficits producidos no orzamento de abastecementos. Así mesmo, tiña encomendada a centralización das estatísticas de recursos e consumo. As delegacións provinciais, presididas polo gobernador civil tiñan como competencia nos primeiros anos asegurarlle o abastecemento á poboación de artigos de primeira necesidade. A recollida de abastecementos correspondíalle a un organismo supraprovincial, as comisarías de recursos de zona, formando parte Pontevedra da oitava xunto coa Coruña, Lugo e Ourense. Dentro desta regulamentación do consumo as funcións das delegacións provinciais van desde a formación de estatísticas ou a distribución, entre os distintos concellos, das cotas de artigos intervidos e as cartillas de racionamento á poboación, á inspección dos prezos oficiais taxados e dos transportes para o reparto das cotas asignadas. O remate do racionamento en 1953 suporá o inicio da decadencia da Comisaría, que vai perdendo competencias ata desaparecer en 1981, mentres que as delegacións provinciais continuaron, baixo a dependencia do S.E.N.P.A., dedicándose á compra, almacenamento e financiamento de produtos agrarios, así como á información sobre produción, distribución e consumo de alimentos, ata a súa completa desaparición en 1984 por unha reestruturación interna do S.E.N.P.A.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística En marzo de 1972 a "Delegación Provincial de Abastecimientos y Transportes" transfirió ó A.H.P. de Pontevedra os "Mapas Provinciales de Abastecimientos y Estudios Económicos", de acordo cunha Orde da Comisaría Xeral do 22 de febreiro. Esta serie é a única que, polo momento, constitúe o fondo da Delegación Provincial.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Circular nº 490, do 25 de setembro de 1944, da "Comisaría General de Abastecimientos y Transportes" ordenou a elaboración dun "Mapa Nacional de Abastecimientos" mediante a confección de Mapas municipais por parte das delegacións locais de Abastecementos, realizados a partir de cuestionarios por triplicado dos que dous exemplares se remitirian á Delegación Provincial, que debía encuadernalos por partidos xudiciais. O Mapa Nacional recolle, anualmente, todo tipo de datos económicos de cada concello: produción agrícola e gandeira, industrias alimenticias, medios de transporte, hostalería, establecementos comerciais, tipos de industrias e datos sobre o número de persoas dedicadas a cada actividade. A Orde do 9 de xullo de 1952 traspásalle a competencia sobre a elaboración do "Mapa Nacional de Abastecimientos" ó Instituto Nacional de Estatística.
Valoración, selección e eliminación Por tratarse de documentación única, que proporciona información de carácter económico para un período moi concreto, considerase que ten un valor permanente, polo que non está suxeita a ningún tipo de selección ou eliminación.
Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
Organizació
Os libros do mapa nacional de abastecementos da provincia de Pontevedra son anuais e están divididos por partidos xudiciais, separando dentro de cada un deles os distintos concellos. Nos anos 1948, 1949 e 1950 existe un tomo por cada partido xudicial e ano.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en papel, encadernados en forma de libros de gran formato, 37,5 x 31 cm. Bo estado de conservación
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas A partir de 1952 a elaboración dos "Mapas Nacionales de Abastecimientos" élle encomendada ó Instituto Nacional de Estatística, no que debería estar a continuación desta serie documental.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Abastos Consumos TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes (Tema) (Creador)