ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.370
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.804

XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DA MULLER DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.2.10.2

  • Título XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DA MULLER DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1905-1986 (Creación)

  • Volume e soporte 18 unidades de instalación 8 unidades de instalación e 10 libros en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xunta Provincial de Pontevedra. Padroádego de Protección á Muller(1943-1986) O Padrádego Real para a represión da trata de brancas, chamado posteriormente Padroádego de Protección á Muller, créase en 1902, organizándose despois polo Decreto do 6 de novembro de 1941, mediante xuntas locais e provinciais e dependendo do Ministerio de Xustiza. A súa finalidade era a de dignificar moralmente a muller, impedir a súa explotación, apartándoas do vicio e educalas seguindo as ensinanzas da relixión católica. A Xunta Provincial de Pontevedra constitúese o 19 de febreiro de 1943, sendo o seu presidente o gobernador civil e os seus membros designados polo Ministerio de Xustiza. Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas nos anos oitenta pola Consellaría de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas a defensa, a protección e o desenvolvemento da muller pola Consellaría de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación sobre este fondo transfiriuse a este Arquivo desde a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, con sede en Vigo, no ano 1993 pero, por mor das obras de remodelación do edificio do arquivo, a súa intervención arquivística pospúxose ata 1994. A documentación chegou en bo estado xunto coa da Xunta Provincial de Protección de Menores, posto que as súas competencias foron transferidas de vez á Xunta de Galicia e asumidas pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido De volume documental escaso, a maior parte das súas series preséntanse de forma fragmentaria. Contén documentación económica, de correspondencia, información sobre os centros dependentes e, principalmente, expedientes persoais e de vixilancia tutelar. Algúns documentos, tras a súa transferencia á Xunta de Galicia recóllense baixo o epígrafe “Sección de Protección do Menor e da Muller”, polo que tamén existe información relativa á Xunta Provincial de Protección do Menor” As caixas teñen unha ordenación provisional numérica.

  • Organizació

    O cadro de clasificación establecido para o Fondo 3.2.10.2 XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DA MULLER DE PONTEVEDRA,  desenvolvese do seguinte xeito:
    
    3.2.10.2.1 ÓRGANOS DE GOBERNO
    
    3.2.10.2.1.1 XUNTA PROVINCIAL
    3.2.10.2.1.1.1 Convocatorias
    3.2.10.2.1.1.2 Actas
    3.2.10.2.1.1.3 Libro de actas
    
    3.2.10.2.2 ADMINISTRACIÓN
    
    3.2.10.2.2.1 SECRETARÍA
    3.2.10.2.2.1.1 Correspondencia
    3.2.10.2.2.1.2 Libro rexistro de correspondencia
    
    3.2.10.2.2.2 PERSOAL
    3.2.10.2.2.2.1 Expedientes persoais
    3.2.10.2.2.2.2 Nóminas
    
    3.2.10.2.2.3 PATRIMONIO
    3.2.10.2.2.3.1 Inventario de bens
    3.2.10.2.2.3.2 Libro inventario
    
    3.2.10.2.3 SERVIZOS
    
    3.2.10.2.3.1 RESIDENCIAS
    3.2.10.2.3.1.1 Residencia Feminina “Seixo” de Vigo
    3.2.10.2.3.1.2 Fogar "San Pelayo"
    
    3.2.10.2.3.2 PROTECCIÓN
    3.2.10.2.3.2.1 Expedientes de Vixiancia Tutelar
    
    3.2.10.2.4 CONTABILIDADE
    
    3.2.10.2.4.1 TESOURARÍA
    3.2.10.2.4.1.1 Estados de situación
    3.2.10.2.4.1.2 Libros de contabilidade

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • Instrumentos de descrición Inventario

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Muller España Galicia Pontevedra

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra

  • Nome dos puntos de acceso Xunta Provincial de Pontevedra. Padroádego de Protección á Muller (Tema) (Creador)

Área de control da descrición