Fondos
3. XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DE MENORES DE PONTEVEDRA
XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DE MENORES DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.10.3
Título XUNTA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN DE MENORES DE PONTEVEDRA
Data(s) 1928-1989 (Creación)
Volume e soporte 160 unidades de isntalación 95 unidades de instalación e 65 libros en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xunta Provincial de Pontevedra. Consello Superior de Protección de Menores(1904-1986) En 1904 regulaméntase, a nivel nacional a Obra de Protección de Menores co fin de facer fronte ós problemas dos menores abandonados e/ou desatendidos e con condutas sociais delictivas, dirixida desde o Ministerio de Xustiza polo Consello Superior de Protección de Menores, constituíndo unha das súas seccións a de Asistencia Social, que desenvolvía as súas tarefas a través das Xuntas de Protección de Menores. Leis posteriores aproban o texto refundido da lexislación de menores (Decreto do 2 de xullo de 1948) e modifican algúns dos seus artígos (Decreto 1480/1968, do 11 de xullo) concretándose a protección e especialmente a tutela de menores en: control sobre as amas de cría, coidado sobre a mendicidade e o traballo infantil, auxilio e asistencia ás nais, mellora das institucións de recollida e educación de nenos necesitados e fomento/creación de escolas. En 1948 o seu presidente nato é o gobernador civil, pero o efectivo é o presidente da Audiencia. Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas en 1986 pola Consellaría de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas pola Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística A documentación sobre este fondo transferiuse a este Arquivo desde a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, con sede en Vigo, no ano 1993 pero, debido a obras de remodelación do edificio do arquivo, a súa intervención arquivística pospúxose ata 1994. Chegou en bo estado, na súa maior parte en caixas de tamaño diverso.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O maior volume de documentación está formado polos "Expedientes de protección de menores" de toda a provincia, aparecendo ordenanos numericamente. Neles faise un seguimento do menor protexido, desde a solicitude (por parte dos seus familiares, o Tribunal Tutelar de Menores ou algunha outra institución) de acollemento pola Xunta e o seu paso polas súas residencias dependentes, ata que os menores deixan de estar vinculados a ela, ben porque volven cos seus familiares, ben porque alcanzan a idade máxima permitida. En relación con estes expedientes, está a correspondencia entre a Xunta Provincial e os distintos colexios/residencias que acollen a menores, recibindo por iso unha subvención, así como as contas de gastos enviadas por estes colexios/residencias. É significativo o volume de documentos contables da Xunta Provincial. Existe, ademais, documentación específica sobre a Xunta Local de Protección de Menores de Vigo. Por outro lado, hai documentos, principalmente tras a asunción destas competencias por parte da Xunta de Galicia, englobados como "Sección de Protección ó Menor e á Muller", correspondentes ó fondo da Xunta Provincial de Protección á Muller, que completa esta documentación. Aparecen series continuadas desde os anos 40 ata 1988. As caixas presentan unha ordenación numérica provisional.
Organizació
Xunta Provincial de Protección de Menores Secretaría. 1928- 1985 Libros Actas da Xunta. Rexistro de entrada e saída de correspondencia. Rexistro de entrada de correspondencia. Rexistro de saída de correspondencia. Rexistro de espectáculos. Rexistro de expedientes de inspección. *Caixas Circulares do Consello Superior de Protección de Menores. Correspondencia da Mutualidade de funcionarios de protección de menores. Correspondencia relativa ó persoal Expedientes de institucións dependentes da Xunta. Correspondencia sobre ingresos en centros de menores procedentes do Tribunal Tutelar de Menores. Fichas de menores protexidos pola Xunta. Telegramas do Consello Superior sobre persoal. Estatísticas anuais de menores atendidos pola Xunta. Expedientes de solicitude de adopción. Tesourería. 1943-1988 *Libros Auxiliar de caixa. Rexistro de pagamento do imposto sobre espectáculos. Contas correntes de locais de espectáculos. Rexistro de declaracións. Rexistro de nóminas do persoal da Xunta. Contas correntes co Banco de España Balances. Diario de ingresos en contas correntes do Banco Simeón. Diario de gastos. *Caixas Nóminas do persoal da Xunta. Recibos e facturas de gastos. Recibos e facturas de gastos da Xunta e nóminas de estanza de menores en centros colaboradores. “Cargaremes.” Libramentos Relacións de declaracións do imposto do 5% sobre espectáculos. Correspondencia. Correspondencia da Xunta con centros de acollida sobre pagamentos de estanza. Correspondencia co Consello Superior de Protección de Menores sobre temas económicos. Certificacións de ingresos polo imposto sobre espectáculos públicos. Relación de cantidades recadadas polo imposto do 5% sobre espectáculos públicos. Orzamentos da Xunta. Relación de certificacións de descuberto. Certificacións. Follas de liquidación de cotas da Mutualidade de funcionarios e recibos de pensionistas. Libros de desenvolvemento do orzamento de ingresos e astos. Contas trimestrais de ingresos e gastos e relacións de ingresos e gastos. Resgardos de transferencias bancarias. Comunicacións do Consello Superior de Menores sobre remisión de fondos para pagamentos de nóminas. Declaracións de retencións do IRPF. Contas anuais e estados mensuais. Actas de arqueo.Orzamentos da Xunta. Contas de estanzas de alumnos no C. I. Príncipe Felipe por conta da Xunta de Menores. Rexistro de expedientes de inspección remitidas para intervención do Consello Superior de Menores. Notificacións de créditos orzamentarios. Expedientes sobre adquisición de taladros. Informe sobre a Obra de Protección de Menores. Expedientes de obras sobre a reconstrución do centro “Avelino Montero”. Proxecto de execución de reforma do centro de Mourente-Pontevedra Sección de Puericultura. 1941-1975*Caixas Estadillos trimestrais do Servizo de Hixiene Infantil. Expedientes de nenos atendidos. Sección de Asistencia Social. 1934-1987*Caixas Expedientes de protección de menores. Expedientes de protección de menores (baixas). Expedientes de solicitude de protección denegada. Expedientes de intercambio de nenos. Rexistro de solicitudes de protección. Xunta Local de Vigo. 1932-1945*Libros Actas. Rexistro de entrada de correspondencia. Contas correntes co Banco de España. Auxiliar de Caixa Deputación Provincial. 1947-1985*Caixas Expedientes de solicitude de adopción. Delegación Cª Presidencia – Sección Protección de Menores. 1982- 1987*Caixas Correspondencia sobre ingresos en centros de menores dependentes. Correspondencia coa D. X. de Xustiza e Gobernación. Relación de menores dependentes do Tribunal Tutelar. Altas e baixas. Correspondencia co Consello Superior de Protección de Menores sobre temas económicos. Recibos e facturas de gastos da Xunta. Contas de estanzas de alumnos no C.I. Príncipe Felipe por conta da Xunta de Menores. Proxecto de orzamento para 1986 e memoria 1985 .Orzamentos para servizo de limpeza do centro “Avelino Montero”. Delegación Cª Presidencia/Traballo – Sección Protección de Menores. 1984- 1989*Caixas Correspondencia sobre altas e baixas de menores en centros dependentes. Libros de desenvolvemento do orzamento de ingresos e gastos. Contas trimestrais de ingresos e pagamentos. Nóminas de estanzas de menores en centros de menores por conta do Tribunal Tutelar. Ordes de pagamento e transferencias a xustificar. Resgardos de transferencias bancarias. Contas de xustificación de libramentos. Relacións de alumnos con dereito a prestación económica escolar e xustificantes de gastos ocasionais. Orzamentos dos colexios “Fogar San Pelayo” e “El Seijo”. Inventario e acta de entrega de mobiliario e material inventariable tansferido á Xunta de Galicia.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Instrumentos de descrición inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xunta Provincial de Pontevedra. Consello Superior de Protección de Menores (Tema) (Creador)