ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.797
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Fondos

DELEGACIÓN LOCAL DO MINISTERIO DE INFORMACIÓN E TURISMO DE VIGO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.2.3.2

  • Título DELEGACIÓN LOCAL DO MINISTERIO DE INFORMACIÓN E TURISMO DE VIGO

  • Data(s) 1940-1979 (Creación)

  • Volume e soporte 124 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Delegación Local de Vigo. Ministerio de Información e Turismo(1951-1977) De acordo co art. 1º do Decreto-Lei do 19 de xullo de 1951, polo que se reorganiza a Administración Central do Estado, o Ministerio de Información e Turismo creouse, cunha única subsecretaría, asumindo os servizos dependentes da Subsecretaría de Educación Popular e os comprendidos na Dirección Xeral de Turismo que se segregou do Ministerio da Gobernación.Ata o momento todos os servizos e organismos que, en materia de prensa e propaganda, se transferiran á Vicesecretaría de Educación Popular da FET y de las JONS pola Lei do 20 de maio de 1941, que a creou, pasarán a depender, polo Decreto-lei do 27 de xullo de 1945, do Ministerio de Educación Nacional constituíndo a Subsecretaría de Educación Popular. As súas delegacións, despois da creación do novo ministerio, pasaron a denominarse, pola Orde do 29 de agosto de 1951, delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo, regulamentándose en 1952 mediante o Decreto do 15 de febreiro, no que se establece que o xefe ou delegado asumirá o mando de todos os servizos existentes no seu territorio en relación coas actividades de prensa, propaganda, radiodifusión, cinematografía, teatro e turismo que, como órgano da Administración, lle competen ó Ministerio. Anos máis tarde, o Decreto 64/1968, do 18 de xaneiro, organízaas en seccións e negociados de acordo co volume das súas tarefas e o 836/1970, do 21 de marzo, que modifica o anterior, crea a figura do secretario provincial. Pola súa banda o Decreto 3319/1974, do 28 de novembro, orgánico das delegacións provinciais do Ministerio de Información e Turismo e das súas oficinas de Turismo, establece no seu art. 8.2 que a Delegación Local de Vigo depende da Provincial de Pontevedra. Esta, posteriormente, mediante a Orde do 27 de febreiro de 1975, é clasificada de segunda categoría tendo o carácter de sección da mesma, a Local de Vigo. O Ministerio de Información e Turismo desapareceu como tal polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, polo que se reestruturan determinados órganos da Administración Central do Estado, xa que todas as súas unidades pasaron a integrarse no novo Ministerio de Cultura e Benestar agás as dependentes da Subsecretaría de Turismo que se integraron nel, así mesmo, novo Ministerio de Comercio e Turismo.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística O Arquivo Histórico recolleu esta documentación o 14 de outubro de 1978. Anos máis tarde, en 1988, completóuse o ingreso coa recollida de 55 caixas.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Destacan, entre outras, as series de rexistros de entrada e saída de correspondencia, correspondencia de entrada e saída, nóminas, actas de inspección, expedientes de sanción, expedientes de crédito hoteleiro e expedientes de apertura e peche de establecementos de hostalaría.

  • Organizació

    Este fondo está dividido temáticamente (educación e turismo) coas súas correspondentes subdivisións territoriais:
    
    VICESECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR/SUBSECRETARÍA DE EDUCACIÓN POPULAR
    
    Delegación Provincial de Pontevedra (1939-1951): 16 unidades de instalación.
    Delegación Local de Vigo (1940-1951): 1 unidade de instalación.
    
    INFORMACIÓN E TURISMO
    
    Delegación Provincial de Pontevedra (1951-1978): 149 unidades de instalación.
    Delegación Local de Vigo (1951-1979): 123 unidades de instalación.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións de reprodución Limítase a reproducción dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • Instrumentos de descrición Inventario

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

Área de notas

  • Nota 2.1. Delegación Local da Vicesecretaría de Educación Popular, Delegación Local da Subsecretaría de Educación Popular, Delegación Local do Ministerio de Información e Turismo de Vigo. 4.1. Acceso libre agás as restriccións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. 4.4. Tamén manuscrito

Puntos de acceso

Área de control da descrición