ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.275
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

XEFATURA PROVINCIAL DO INSTITUTO NACIONAL DE REFORMA E DESENVOLVEMENTO AGRARIO (IRYDA) DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.2.6.2

  • Título XEFATURA PROVINCIAL DO INSTITUTO NACIONAL DE REFORMA E DESENVOLVEMENTO AGRARIO (IRYDA) DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1971-1982 (Creación)

  • Volume e soporte 52 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Xefatura Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario(1971-1982) O “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” créase pola Lei 35/1971 do 21 de xullo como organismo autónomo da Administración do Estado, dependente do Ministerio de Agricultura. Ten como finalidade o desenvolvemento e a modernización das estruturas agrarias. Suprímense a “Dirección General de Colonización e Ordenación Rural”, o “Instituto Nacional de Colonización”, o “Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural”, o “Consejo Nacional de Colonización” e a “Comisión Central de Concentración Parcelaria”. O Decreto 3220/1971 do 23 de decembro no seu artigo 13 establece a existencia de xefaturas provinciais en cada provincia. Por Real decreto 2423/1982 do 24 de xullo traspásanse funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvento agrario do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística O 1 de marzo de 1979 asínase a acta de entrega entre o xefe provincial do IRYDA e o director do Arquivo ingresando o día 9 do mesmo mes.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Boletíns Individuais da Propiedade T-5 para a concentración parcelaria ( enquisas para a investigación dos propietarios das terras e a súa clasificación).

  • Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.

  • Organizació

    Este fondo preséntase organizado por concellos e por parroquias:
    
    - Cerdedo
    - Cuntis: Arcos de Furcos
    - A Estrada: Agar; Ancorados; Berres; Callobre; Cora; Curantes; Guimarei; Loimil; Moreira; Oca; Riobó; Rubín ; San Xulián de Vea; San Xurxo de Vea; San Miguel de Castro; Santa Cristina de Vea; Somoza
    - Forcarei: Presqueiras
    - Ponteareas
    - Ribadumia: Besomano; Ribadumia
    - O Rosal: As Eiras- Tabagón; Santa María do Rosal
    - Silleda: Ansemil-Breixa-Martixe; Bazar-Pazos; Carboeiro-Saidres; Chapa-Manduas; Escuadro-Relas; Silleda

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Agás as restriciones contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estadp de conservación moi bo

  • Instrumentos de descrición Relación de entrega

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias As xefaturas provinciais enviaban ó “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” de Madrid, á Notaría do Distrito e ó Rexistro da Propiedade copias dos títulos de propiedade e planos.

  • Unidades de descrición relacionadas Ás delegacións de Facenda (Catastro de Rústica) envíanse unha colección de planos e unha relación de propietarios a efectos fiscais.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Xefatura Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (Tema) (Creador)

Área de control da descrición