ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

GOBERNO CIVIL DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.3.2.9.1

  • Título GOBERNO CIVIL DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1833-2008 (Creación)

  • Volume e soporte 1462 Unidade(s) de instalación 85 metros lineales

Área de contexto

  • Nome do produtor Subdelegación do Goberno de Pontevedra(1996-) A institución de gobernador civil, unidade político administrativa provincial da organización territorial da Administración do Estado, xorde coa Constitución de 1812 a través da figura do xefe superior, que dirixirá o goberno das distintas provincias. Polo Real decreto do 30 de novembro de 1833 establécese a actual organización provincial e dáselle a autorización administrativa a un delegado de fomento que en 1834 pasou a denominarse gobernador civil como máxima autoridade e representación do goberno na provincia. Pola Lei de réxime foral de 1955 regulaméntanse as súas funcións e fortalécense en 1958 co Estatuto persoal dos gobernadores civís.Co regulamento de 1961 organízanse como unidades político-administrativas provinciais, dependentes do Ministerio da Gobernación. Ó longo dos séculos XIX e XX é a máxima autoridade político-administrativa, representante do goberno, coordinador da administración provincial, xefe dos servizos públicos provinciais, de orde pública e de policía. Desde 1977 depederán organicamente do Ministerio do Interior e, co desenvolvemento das autonomías, perderán competencias (regulamento de 1980) e convertiranse en delegados de goberno provinciais. En 1996 pasan a ser subdelegados de Goberno.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística En 1955 trasládase o denominado “fondo antigo” desde os locais da Deputación Provincial de Pontevedra sen inventariar nin catalogar. Por circunstancias descoñecidas desaparece parte da documentación, quedando este fondo moi mermado. En 1986 entrou parte da documentación da Comisaría de Pontevedra, procedente do Goberno Civil. En 1990 transfírese a documentación sobre a Comisaría de Policía de Vigo, procedente da Brigada de Documentación da mencionada comisaría viguesa. En 1999 entra a documentacición referida á Xunta Provincial de Beneficencia e á Comisaría de Policía de Pontevedra, procedentes dos locais da Subdelegación de Goberno.

  • Forma do ingreso Transferencia en distintos anos: 1955.- Fondo antigo 1986.- Comisaría de Pontevedra 1990.- Comisaría de Vigo 1999.- Xunta Provincial de Beneficencia e resto da Comisaría de Policía de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fondo antigo (1833-1903) Documentación netamente administrativa, eminentemente local de grande interese centrada no século XIX: revolucións liberais, guerras carlistas, papel do exército regular e milicias, guerra de Africa, desamortización,... Comisaria de Policía de Pontevedra (1917-1936) Información sobre incautacións a diversas asociacións políticas, sindicais, profesionais, culturais e recreativas. Comisaría de Policía de Vigo (1936-1989) Documentación relativa ó movemento migratorio de Galicia a América. Xunta Provincial de Beneficencia (1695-1990) Documentos relativos a actas, diarios de contas, rexistro de entrada de expedientes, fundacións , legados,...

  • Novos ingresos Prevense novas transferencias segundo as dispoñibilidades de espazo do Arquivo.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACION
    
    GOBERNO CIVIL DE PONTEVEDRA
    
    - Fondo antigo (1833 – 1909)
    
    - Comisaría de Policía de Pontevedra (1917 – 1936)
    - Comisaría de Policía de Vigo (1936-1989)
    - Secretaría Xeral:
    1. Sección de Coordinación e Relacións Públicas
    1.6. Negociado de Beneficencia (1695-1990)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e mecanografada.

  • Instrumentos de descrición Inventario

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Subdelegación do Goberno de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición