Fondos
1. XEFATURA PROVINCIAL DE ESTRADAS DE PONTEVEDRA
XEFATURA PROVINCIAL DE ESTRADAS DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.3.2.7.1
Título XEFATURA PROVINCIAL DE ESTRADAS DE PONTEVEDRA
Data(s) 1957-1984 (Creación)
Volume e soporte 886 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra(1966-1985) O Decreto do 28 de xaneiro de 1847 crea o “Ministerio de Comercio, Instrución y Obras públicas”, cambiando a súa denominación pola de Ministerio de Fomento polo R.d. do 25 de outubro de 1851. O R.d. do 2 de setembro de 1857 creou en cada provincia unha sección de Fomento, “a las inmediatas órdenes del gobernador”, encargada de auxiliar ó gobernador no despacho dos asuntos dependentes de Fomento; desde o punto de vista técnico, existían en cada provincia os enxeñeiros xefes de Obras Públicas. Polo Decreto do 14 de agosto de 1893 suprímense as seccións de Fomento, manténdose as xefaturas provinciais, entre elas a de Obras Públicas. A nivel central, en 1931 desaparece o Ministerio de Fomento e créase o Ministerio de Obras Públicas, manténdose as xefaturas a nivel provincial. O D. 1480/1966, do 2 de xuño, crea as delegacións provinciais do Ministerio de Obras Públicas, atribuíndolle o carácter de delegado provincial a un dos xefes provinciais xa existentes (Estradas, Transportes, Augas ou Costas); por este mesmo decreto, as xefaturas provinciais de Obras Públicas pasan a denominarse de “Carreteras”. Polo R.d. 2766/1979, do 16 de novembro, as “Jefaturas de Carreteras” constitúen unha división das delegacións provinciais de Obras Públicas. A consecuencia das reformas administrativas producidas polas transferencias de competencias ás comunidades autónomas, suprímense as delegacións, ou direccións provinciais (R.d. 2680/1985), mentres que para a realización das funcións correspondentes ó Estado en materia de obras públicas se crean, a nivel rexional (O. do 7 de febreiro de 1986) as “Demarcaciones de Costas”e as de “Carreteras”, tendo as de Galicia a súa sede na Coruña, aínda que se manteñen as “Unidades de Carreteras” a nivel provincial.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística A documentación ingresou no A.H.P. en dúas remesas, a primeira en xullo de 1981 e a segunda en outubro de 2003.
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación transferida ó A.H.P. é fundamentalmente de carácter técnico: proxectos de conservación, ampliación ou construción de estradas, así como informes técnicos e outros tipos de obras relacionadas. A transferencia de 1981 incluía documentación relativa a todo tipo de estradas da provincia, desde camiños veciñais ata estradas nacionais; non obstante, na de 2003, posterior á transferencia de competencias á Comunidade Autónoma, soamente se remitiu documentación sobre estradas de titularidade estatal, xa que a documentación sobre estradas transferidas pasou á Comunidade Autónoma.
Valoración, selección e eliminación Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
Organizació
Os proxectos de estradas están organizados polo tipo ou número da estrada, e dentro desta ordenados polo punto/s quilométrico/s a que se refire. A segunda transferencia está pendente de organización e descrición.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e mecanografada. O estado de conservación é bastante bo, aínda que algúns planos poden presentar problemas debido ás marcas das dobreces.
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Unidades de descrición relacionadas O Servizo Provincial de Estradas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda conserva a documentación relativa ás estradas transferidas á Comunidade Autónoma.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra (Tema) (Creador)