ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SERVIZO SOCIAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.6.2.4

  • Título SERVIZO SOCIAL

  • Data(s) 1937-1978 (Creación)

  • Volume e soporte 110 unidades de instalación; 262 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina(1937-1977) En 1934 nace a Sección Femenina da Falange cunha función asistencial, pero a partir do Decreto de unificación do 19 de abril de 1937, coa creación de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, verá aumentadas as súas competencias establecéndose a Delegación Nacional da Sección Feminina para a mobilización e formación da muller, ademais da de Auxili o Social e Fronte e Hospitais. Segundo o Decreto do 31 de xullo de 1939 o delegado nacional establecerá as delegacións provinciais e locais. Os delegados provincia is actuarán baixo a disciplina política dos xefes provinciais, pero, na súa función específica, baixo a autoridade e orientación directa do delegado nacional. O Decreto do 28 de decembro de 1939 establece formalmente as súas funcións e adscribe o Servizo Social da Muller, creado polo Decreto 378 do 7 de outubro de 1937, á súa Delegación Nacional. A súa estrutura verase modificada co Decreto 3749/1964, do 29 de novembro, pero será co Decreto 2485/1970, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, cando se substitúan as antigas rexedurías por departamentos. Así, a Delegación Nacional da Sección Feminina quedará estruturad a en 9 departamentos: Secretaría, Coordinación, Promoción, Participación, Formació n e Participación da Xuventude, Departamento económico-administrativo, Gabinete técnico, Oficina de Relacións Exteriores e Servizo Social, cos seus equivalentes en cada provincia. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependen tes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social é transferida á administración pública . Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría de Familia, Xuventude e Deporte, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral de Promoción Familiar e da Muller desta nova subsecretaría da Presidencia do Goberno. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Organizado polo Decreto de 7 de outubro de 1937, tratábase dunha prestación obrigatoria para as mulleres solteiras entre os 17 e 35 anos, como requisito para a súa integración na vida laboral. As series desta sección son libros rexistro e documentos normalizados, Cartillas de Axuste ou Fichas Sobre, que permiten levar o control de actividade das cumpridoras do Servizo Social.

  • Organizació

    O cadro de clasificación establecido para o Fondo 6.2 DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA, no relativo á Sección 6.2.4 SERVIZO SOCIAL, desenvolvese do seguinte xeito:
    
    6.2.4 SERVIZO SOCIAL
    6.2.4.1 Certificacións da prestación do Servizo Social
    6.2.4.2 Cartillas de axuste da prestación do Servizo Social
    6.2.4.3 Relación de envío ao Servizo Social
    6.2.4.4 Fichas de cumpridoras do Servizo Social
    6.2.4.5 Fichas de baixas e traslados de prestadoras do Servizo Social
    6.2.4.6 Fichas sobre
    6.2.4.7 Libros rexistro

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina (Tema) (Creador)

Área de control da descrición