ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SALCEDA DE CASELAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36049.AXP.SALC.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SALCEDA DE CASELAS

  • Data(s) 1870-2002 (Creación) 1870-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 114 libros do rexistro civil e 64 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.044 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Salceda de Caselas(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Salceda de Caselas no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Tui, no que se mantén ata a creación do partido xudicial do Porriño en 1988, ó que se incorpora. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal do Poriiño dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Salceda de Caselas

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta da casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 22 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Carmen Pérez Larrán e María Herminia Martínez Pereira.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1932, criminal dende 1946 e gobernativa dende 1907, ou de eleccións dende 1967. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1932-2002 5
    1.2. NACEMENTOS 1871-2001 70
    1.3. MATRIMONIOS 1871-2002 35
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2002 42
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1930-1996 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1907-1950 1
    1.7. NACIONALIDADE 1882-2001 2
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1870-2002 15
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1932-2002 10
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1946-1992 6
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1925-2002 18
    2.5. ELECCIÓNS 1967-2001 5
    2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1981-1990 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Agolada, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Salceda de Caselas

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Salceda de Caselas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición