ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SOUTOMAIOR

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36053.AXP.SOU.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SOUTOMAIOR

  • Data(s) 1870-2007 (Creación) 1870-00-00 - 2007-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 104 libros do rexistro civil e 71 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 205 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Soutomaior(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Soutomaior no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Redondela, no que se mantén agás nos períodos en que este se suprime –1867 a 1869 e de 1965 ata 1988 nos que pasa a integrarse no de Pontevedra. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo o xulgado de paz de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Soutomaior

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase nas oficinas situadas na planta baixa da casa do concello. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 10 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1991, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero. O proceso de incorporación documental foi realizado por Alberto Aramburu García-Pintos

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1895, criminal dende 1926 e gobernativa dende 1874, ou de eleccións dende 1989. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel. Base de datos propia.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Soutomaior, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Soutomaior

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Soutomaior (Tema) (Creador)

Área de control da descrición