ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DA ILLA DE AROUSA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36901.AXP.ILL.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DA ILLA DE AROUSA

  • Data(s) 1950-2011 (Creación) 1950 - 2011-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 27 unidades de instalación con 293 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Paz da Illa de Arousa(1996-) Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a súa reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. No antigo réxime funcionou como couto, con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago, da orde de San Bieito. No período preconstitucional chegou a funcionar neste territorio o concello da Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dentro do partido xudicial de Cambados, intégrase como parroquia do concello de Vilanova de Arousa, xunto con outras catro: Vilanova, Tremoedo, Baión e Caleiro. A segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal dende o ano 1836, rematou definitivamente a finais de 1996.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz da Illa de Arousa

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1920, criminal dende 1923 e gobernativa dende 1878, ou de eleccións dende 1987. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal da Illa de Arousa, Arquivo Municipal de Vilanova de Arousa,Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Illa de Arousa, A

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Paz da Illa de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición