ARQUIVO
O Arquivo é un servizo público cuxa principal función é a sistematización da xestión documental, desde a creación do documento ata a súa conservación histórica, mediante o tratamento arquivístico adecuado. Intégrase no Sistema de Arquivos de Galicia e forma parte da rede de arquivos das deputacións provinciais.
Desenvolvemos, por un lado, un servizo interno e directo á propia Deputación, que inclúe a información ou o préstamo directo de todo documento orixinal.
E, por outro, ofrecémoslles un servizo de información a outras administracións públicas mediante a consulta, as copias e as certificacións; tamén á cidadanía en xeral e ás persoas investigadoras en particular facilitándolles o acceso e a consulta aos fondos e fomentando o seu estudo, ademais dunha tarefa de difusión cultural e posta en valor do noso patrimonio documental.
-
OS NOSOS FONDOS
O Arquivo recolle, organiza e serve a documentación producida polos servizos e organismos desta Deputación, xunto con aqueles outros fondos e coleccións documentais recibidos por vías e causas diversas
-
PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA
Desenvolvemos tarefas de información e asistencia técnica permanente en todo o que atinxe ao patrimonio documental conservado na provincia, especialmente ao das entidades locais