ATOPO
Rexistros actuais: 1.425.685
Obxectos dixitais dispoñibles: 502.593

ARQUIVO

O Arquivo é un servizo público cuxa principal función é a sistematización da xestión documental, desde a creación do documento ata a súa conservación histórica, mediante o tratamento arquivístico adecuado. Intégrase no Sistema de Arquivos de Galicia e forma parte da rede de arquivos das deputacións provinciais.

Desenvolvemos,  por un lado, un servizo interno e directo á propia Deputación, que inclúe a información ou o préstamo directo de todo documento orixinal.

E, por outro, ofrecémoslles un servizo de información a outras administracións públicas mediante a consulta, as copias e as certificacións; tamén á cidadanía en xeral e ás persoas investigadoras en particular facilitándolles o acceso e a consulta aos fondos e fomentando o seu estudo, ademais dunha tarefa de difusión cultural e posta en valor do noso patrimonio documental.

SABÍAS QUE?

no Fondo Malvar hai documentación de propiedades e casas da familia nas catro provincias galegas, entre as que a máis antiga é a da casa de Eiroas, en Ourense?

SABÍAS QUE?

o foro era o contrato de explotación agraria por excelencia no Antigo Réxime en Galicia? Un bo exemplo disto témolo no Arquivo da Deputación de Pontevedra, cun fondo exclusivamente de foros, a Colección Documental Barcia do Seixo

SABÍAS QUE?

no Arquivo da Deputación de Pontevedra contamos xa cun total de 31 fondos documentais aos que recentemente se incorporou o do Parque Natural das Illas Cíes?

SABÍAS QUE?

a orixe xenovesa e as raíces galegas de Cristovo Colón aparecen referidas na copia dunha acta notarial de 1929 do fondo marqueses de Leis do Arquivo da Deputación de Pontevedra?

SABÍAS QUE?

No fondo Pazo da Buzaca podemos atopar manuscritos dos séculos XVIII e XIX sobre receitas de cociña e médicas, medidas de superficie ou de carácter humorístico e escatolóxico. Dispoñible no Arquivo da Deputación ou en atopo.depo.gal

SABÍAS QUE?

no Fondo Bárcena Saracho, ademais de interesantes álbums de postais e fotografías de viaxes e aspectos da vida cotiá, hainos tamén de tarxetas postais de membros concretos da familia como María Margarita Bárcena y Saracho?

SABÍAS QUE?

Ruth Matilda Anderson, membro da Sociedade Hispánica de América, fixo en 1939 unha publicación en inglés con ilustracións en branco e negro sobre as provincias de Pontevedra e A Coruña, Pontevedra and La Coruña: gallegan provinces of Spain. Dispoñible no Arquivo de Deputación, no fondo da familia Nores.

SABÍAS QUE?

Acaba de celebrarse o 150 aniversario do primeiro ferrocarril galego e no Arquivo da Deputación de Pontevedra conservamos a Memoria relativa ao proxecto de ferrocarril de Pontevedra a Carril

SABÍAS QUE?

A granxa-pazo de Salcedo foi adquirida pola Deputación de Pontevedra por un importe de 350.000 pesetas, como se pode ver en detalle na acta da sesión do Pleno do 24/2/1928 que se pode ver tamén en Atopo

SABÍAS QUE?

o Atom é un software libre moi intuitivo e gratuíto que no noso caso conta coa información de 139 institucións con 412 fondos e coleccións documentais diferentes e máis de 2 millóns e medio de rexistros dispoñibles, de carácter público, que poden consultarse a través do enderezo https://atopo.depo.gal/?