ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.863
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.603

ARQUIVO

O Arquivo é un servizo público cuxa principal función é a sistematización da xestión documental, desde a creación do documento ata a súa conservación histórica, mediante o tratamento arquivístico adecuado. Intégrase no Sistema de Arquivos de Galicia e forma parte da rede de arquivos das deputacións provinciais.

Desenvolvemos,  por un lado, un servizo interno e directo á propia Deputación, que inclúe a información ou o préstamo directo de todo documento orixinal.

E, por outro, ofrecémoslles un servizo de información a outras administracións públicas mediante a consulta, as copias e as certificacións; tamén á cidadanía en xeral e ás persoas investigadoras en particular facilitándolles o acceso e a consulta aos fondos e fomentando o seu estudo, ademais dunha tarefa de difusión cultural e posta en valor do noso patrimonio documental.

SABÍAS QUE?

No fondo Pazo da Buzaca podemos atopar manuscritos dos séculos XVIII e XIX sobre receitas de cociña e médicas, medidas de superficie ou de carácter humorístico e escatolóxico. Dispoñible no Arquivo da Deputación ou en atopo.depo.gal

SABÍAS QUE?

No fondo Bárcena Saracho hai unha nutrida selección de álbums de postais antigas e moitas delas de cidades españolas e europeas. Dispoñible no Arquivo da Deputación de Pontevedra ou en atopo.depo.gal

SABÍAS QUE?

Ruth Matilda Anderson, membro da Sociedade Hispánica de América, fixo en 1939 unha publicación en inglés con ilustracións en branco e negro sobre as provincias de Pontevedra e A Coruña, Pontevedra and La Coruña: gallegan provinces of Spain. Dispoñible no Arquivo de Deputación, no fondo da familia Nores.

SABÍAS QUE?

Acaba de celebrarse o 150 aniversario do primeiro ferrocarril galego e no Arquivo da Deputación de Pontevedra conservamos a Memoria relativa ao proxecto de ferrocarril de Pontevedra a Carril

SABÍAS QUE?

A granxa-pazo de Salcedo foi adquirida pola Deputación de Pontevedra por un importe de 350.000 pesetas, como se pode ver en detalle na acta da sesión do Pleno do 24/2/1928 que se pode ver tamén en Atopo

SABÍAS QUE?

O célebre escritor de Los gozos y las sombras, Gonzalo Torrente Ballester, foi membro da Real Academia da Lingua. A felicitación polo seu ingreso da man da Corporación provincial faise na acta da sesión extraordinaria do Pleno do 26/4/1975 descargable en Atopo

SABÍAS QUE?

José Santiago Crespo Pozo foi fillo predilecto de Redondela e  contribuíu á posta en valor da nosa lingua coa súa obra Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego, como aparece reflectido na acta da sesión do Pleno do 25/4/1972, onde a Corporación provincial pon de manifesto a súa satisfacción pola obra deste autor redondelán, tamén descargable desde Atopo

SABÍAS QUE?

Aquí ofrecémosche a posibilidade de acceder ás actas das sesións do Pleno e doutros órganos colexiados da práctica totalidade dos concellos da provincia.

SABÍAS QUE?

O Arquivo da Deputación conta con fondos familiares, con diversas formas de adquisición, de interese para o coñecemento da evolución do territorio provincial e doutras zonas de Galicia.

SABÍAS QUE?

ATOM é un sistema de xestión arquivística de software libre e gratuíto, moi intuitivo, que no noso desenvolvemento amosa xa a información de 127 institucións con 268 fondos e coleccións documentais diferentes e que permite acceder á súa descrición en máis de 2.100.000 rexistros.