ATOPO
Registros actuales: 1.335.675
Objetos digitales disponibles: 490.455

Fondos

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36004.AMANC.MOR

  • Título MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO

  • Data(s) 1996-2013 (Creación) 1996-00-00 - 2013-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 65 unidades de instalación con 242 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Mancomunidade de Concellos do Morrazo(1994-) Inscrita no Rexistro de Entidades Locais o 27 de setembro de 1994 e formada inicialmente polos concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Este último abandonaría a Mancomunidade no ano 2000

  • Institución arquivística Arquivo da Mancomunidade de concellos do Morrazo

  • Forma do ingreso Por transferencia directa e irregular ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación resultante da xestión e servicios recentes desta Mancomunidade, cun caracter eminentemente administrativo e restrinxido ó seu ámbito xeográfico. Destaca a documentación derivada do control da xestión económica e a relacionada co desenvolvemento dos diversos plans, proxectos e escolas-taller.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO
    
    1.1.- MANCOMUNIDADE
    1.2.- PRESIDENTE
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/XUNTA DE GOBERNO
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    
    2.1.- SECRETARÍA
    2.2.- REXISTRO
    2.3.- PATRIMONIO
    2.4.- PERSOAL
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS
    2.6.- CONTRATACIÓN
    2.7.- ARQUIVO
    
    3.- SERVIZOS
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO.
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN:
    3.1.2.- PLANS E PROXECTOS
    3.1.3.- OBRAS PROPIAS
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
    3.4.- TRANSPORTES
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ
    3.6.- SANIDADE
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
    3.8.- EDUCACIÓN
    3.9.- CULTURA
    3.10.- DEPORTES
    
    4.- FACENDA
    
    4.1.- INTERVENCIÓN
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN
    4.3.- TESOURARÍA

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación.

  • Instrumentos de descrición Guía, cadro de clasificación e inventario en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo da mancomunidade.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Arquivo Deputación. Documentación do Servizo de Cooperación

Área de notas

  • Nota O arquivo da Mancomunidade supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición