ATOPO
Rexistros actuais: 1.410.791
Obxectos dixitais dispoñibles: 502.219

Finalidade do Departamento de Memoria Histórica

O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra ten un dobre obxectivo:

Recuperar a memoria silenciada polo golpe de Estado de 1936 desde unha perspectiva de clase, país e xénero, retomando a identidade colectiva a través da historia de persoas e organismos que traballaron por unha sociedade máis igualitaria e que viron o seu soño truncado polo fascismo.

Loitar contra a impunidade do réxime franquista, apoiando e adoptando canta medida estea ao noso alcance para recoñecer e reparar a memoria das vítimas do 36, da ditadura franquista e dos anos da transición.

Para iso, o departamento realizará tarefas de investigación, asesoramento, divulgación e homenaxe encamiñadas á procura da verdade, á xustiza, á reparación e á garantía de non repetición.

"Verdade, xustiza, reparación

ACTIVIDADES

RECURSOS

SABÍAS QUE?

Galicia é a única comunidade histórica do Estado que non ten unha Lei de memoria histórica propia.

SABÍAS QUE?

Segundo o poeta e xornalista Juan Gelman "o contrario do esquecemento non é a memoria, senón a verdade".

SABÍAS QUE?

Ernestina Otero, directora da Escola Normal de Pontevedra e afastada do seu emprego en 1941 polos fascistas, converteu a súa farmacia de Redondela en centro de apoio aos presos de San Simón.

SABÍAS QUE?

Oito familias galegas presentaron este 2021 a súa adhesión á querela arxentina contra o franquismo.