Finalidade do Departamento de Memoria Histórica
O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra ten un dobre obxectivo:
Recuperar a memoria silenciada polo golpe de Estado de 1936 desde unha perspectiva de clase, país e xénero, retomando a identidade colectiva a través da historia de persoas e organismos que traballaron por unha sociedade máis igualitaria e que viron o seu soño truncado polo fascismo.
Loitar contra a impunidade do réxime franquista, apoiando e adoptando canta medida estea ao noso alcance para recoñecer e reparar a memoria das vítimas do 36, da ditadura franquista e dos anos da transición.
Para iso, o departamento realizará tarefas de investigación, asesoramento, divulgación e homenaxe encamiñadas á procura da verdade, á xustiza, á reparación e á garantía de non repetición.